"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • PERSOEIRO

    Músico. Comezou os seus estudios musicais na súa cidade natal para logo ingresar no Conservatorio de Madrid (1940) e tocar na banda de música de Aviación. En 1945 gañou por oposición a praza de profesor de harmonía no conservatorio madrileño. Dez anos máis tarde dirixiu a coral da Estrada e gañou o I Premio no Festival de Coros Rexionais de Ourense. Dende 1964 a 1967 foi o titular dos Coros Rosalía de Castro de Madrid. Compuxo as pezas: Espranza e Sorriso, para voz e piano, Miniatura romántica e Canto al vegetarismo. Recibiu o Premio Montes de Composición en Pontevedra (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Granada dende 1984 a 1986; neste último ano obtivo a mesma cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, centro no que desempeña o seu labor docente e investigador, e do que foi directora do Servicio de Publicacións (1984-1990). Coordinou, ademais, a revista Verba, Anuario Galego de Filoloxía (1978-1987), foi membro do seu consello de redacción e dirixiu a Revista Galega do Ensino. No eido da lingüística destacan os seus traballos sobre a formación de palabras como a monografía Antónimos latinos y españoles. El prefijo IN (1980) e os centrados especificamente na lingua galega: “Formación y características del gallego”, “La partícula gallego-portuguesa ar/er”, “Aproximación ao estudo das palabras compostas”, etc. Destacable neste ámbito é a súa contribución ao Lexikon der Romanistischen Linguistik (vol II, 1994) con dous...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e erudito. Investigou en diversos arquivos peninsulares, preferentemente no da catedral de Toledo. Escribiu Noticia da California y de su conquista temporal y espiritual (1758) e Tratado sobre la igualdad de pesos y medidas (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Profesor de radio e televisión na facultade de Ciencias da Comunicación na Universitat Autónoma de Barcelona. Iniciou o seu labor profesional en Radio Popular de Lugo, onde presentaba Galicia e a súa música, un dos primeiros programas emitidos integramente en lingua galega. De igual modo, traballou na SER, en Radio Peninsular de Barcelona, onde dirixía o programa La cuestión laboral, foi redactor de RNE-Catalunya, de RNE-Galicia e da TVE-Catalunya, xefe de informativos e programas de RNE-Galicia e colaborou con numerosos xornais e revistas de Galicia e Catalunya. Coordinou o proxecto Olympus de televisión educativa vía satélite da Universitat Autónoma de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Formouse no obradoiro de Simón Pérez de la Rocha. Entre 1784 e 1805 traballou para o cabido tudense. Realizou cruces parroquiais como as de San Salvador de Budiño, Salceda de Caselas e Arnoso, en Ponteareas, custodias como a de Pesqueiras, e cálices como o de Chaín, en Gondomar, ademais doutros obxectos litúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Case toda a súa vida profesional estivo dedicada á educación en Galicia. En 1929 iniciou unha Biblioteca Popular Circulante a cargo da Asociación do Maxisterio de Viveiro, e en Ortigueira impulsou unha granxa de experimentación agrícola. A partir de 1930 accedeu á praza de mestre do Pósito de Pescadores de Cangas, onde fomentou a dinamización da educación arredor da escola primaria do Pósito marítimo de Cangas e do xornal Galicia Marítima. Logo, en 1933, creou unha pioneira e innovadora Escola de Pesca en contraposición ao modelo único escolar. Durante a Segunda República estivo vinculado á FETE-UGT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Comezou a súa carreira en Barcelona, onde   contactou coa nova cançò catalana. O seu repertorio incluía cantares de cego, poemas de autores como C. E. Ferreiro -por exemplo, María Soliña-, ou cantigas de Afonso X o Sabio. Deu recitais por toda a Península e en Francia. Formou parte do grupo Voces Ceibes e a finais da década dos setenta formou o grupo Doa, no que foi cantante e instrumentista. No eido teatral, compuxo a música para as pezas Entremés famoso sobre da pesca no río Miño (1973), Zardigot (1974) e Os vellos non deben de namorarse (1977). Na súa discografía destaca: Ti Galiza (1977), cos textos das cancións traducidos por vez primeira a todas as linguas oficiais de España, e Treboada (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1983, é o autor, entre outras obras, dun edificio de vivendas en Celeiro, dunha casa-pazo en Cospeito e do pavillón da Xunta de Galicia na feira Arco 90. Colaborador da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), escribiu, con Xosé Luís Martínez Suárez, A Coruña 1890-1940 (1984).   En 1987 recibiu o primeiro premio do deseño da zona deportiva do casino do Carballiño e o segundo premio do deseño do Parlamento de Galicia. En 1988 foi galardoado co primeiro premio á mellor caseta de Feciga e o seu proxecto de vivendas de Ferrol foi seleccionado en 1990 no concurso European 90.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi membro fundador e profesor (dende 1973) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Estudiou na Escola d’Arquitectura de Barcelona onde traballou con Diego Bonet. As súas primeiras obras en Galicia están marcadas por un concepto racionalista da arquitectura; entre elas destaca a casa do concello da Capela (1975). Entre as obras que realizou sobresaen a casa da cultura e o mercado de Burela (1991), o edificio de servicios dos alumnos do campus da Zapateira da Universidade da Coruña (1993) e o complexo deportivo do parque de San Diego na Coruña (1997). Ademais, dirixiu os vídeos Arquitectura galega actual e Os faros galegos. En 1971 foi premiado no Concurso Nacional de Arquitectura Diputació de Castelló para a construción da casa da cultura.   En 1972 gañou o Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa e, en 1982, o primeiro premio de méritos para a remodelacion do Kiosco Afonso da Coruña, obra que realizou entre 1980 e 1984. En 1990 recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Xefe da escolta do presidente da República entre 1934 e 1936. Durante a Guerra Civil ocupou altos cargos no exército republicano. En febreiro de 1939 foi nomeado xefe do estado maior do exército, cargo que non chegou a ocupar ao alzarse contra o goberno de Negrín e constituír o Consejo Nacional de Defensa o 4 de marzo do mesmo ano. Intentou negociar a paz co goberno de Burgos, pero finalmente tivo que ordenar a rendición dos exércitos republicanos. Exiliouse en Londres onde foi colaborador na BBC co alcume de Juan de Padilla; dende alí marchou a América do Sur e en 1961 regresou a España. Escribiu as obras: The Last Days of Madrid (Os últimos días de Madrid, 1939) e Así cayó Madrid   (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte e arqueólogo. Licenciado en Filosofía e Letras (1926), foi profesor na Escola de Comercio e na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como director do Museo Provincial da Coruña (1922), arquiveiro municipal (1930) e cronista oficial (1946). Colaborador en diversas publicacións, o seu destacado labor de catalogación e conservación do patrimonio artístico galego recolleuse en múltiples artigos como “La arquitectura cristiana en Galicia” (1906), “Los castros gallegos” (1908), “Por las montañas de Galicia. Las montañas del Cebrero” (1918), “Guía artística y monumental de la provincia de Orense” (1928), “La arquitectura en Galicia en la época de los suevos” (1961) e El pórtico de la Gloria (1949). Escribiu a novela curta A dona das torres (1925). Postumamente editouse Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (1972). En 1905 ingresou como adxunto na Real Academia Galega, da que foi correspondente en 1908 e numerario en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou na Escola de Canteiros de Poio (1980-1985). e especializouse no traballo con pedra, na procura de raíces antropolóxicas para achegarse ao mundo mítico ou primixenio. Participou, entre outras, nas mostras colectivas Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1983) e I Mostra de Unión Fenosa (1989). Entre as súas obras destaca Pacas (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comprometido co movemento galeguista, militou no Partido Republicano Federal de Pi i Margall e actuou como secretario na súa Asemblea de Lugo (1887). Fundou o xornal El Ciudadano (1890) e a Asociación de Escritores e Artistas (1891). En 1892 emigrou a Bos Aires, onde dirixiu e colaborou en El Eco de Galicia; en 1898 fundou El Almanaque gallego. Entre os seus libros destacan Los jesuitas al desnudo (1887), Hijos distinguidos de la provincia de Lugo (1890), Efemérides galaicas (1891), La Asociación de Escritores y Artistas de Lugo (1891), Una expedición de La Coruña al Plata en 1526 (1907), Un nuevo hijo ilustre de Galicia: Don Juan Alsina (1908) e De mi firma (1921). En galego publicou, entre outros, os poemas “O consolo” e “Unha lección”. Foi membro da Real Sociedad Geográfica de Madrid, da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia e da Academia Americana de la Historia. Foi nomeado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Colaborou na prensa, especialmente con artigos de contido social, e publicou as obras La emigración en Galicia (1923) e Reseña histórico-descriptiva de la parroquia de Villar de Ortelle y su comarca y de los monumentos proto-históricos del partido de Monforte de Lemos (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro republicano. Coñecido como Tucho, colaborou como enlace ata que marchou ao servizo militar, do que desertou en xullo de 1947 para ingresar na guerrilla. Morreu cun compañeiro nunha celada da Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra enmárcase no informalismo e aproxímase moitas veces á realizada polos membros do grupo El Paso e á época nunista de Benjamín Palencia, pero os seus grandes referentes son os pintores que buscan as expresións máis puras da abstracción como Guinovart. A súa paleta caracterízase polo rico colorido. Participou, entre outras, nas mostras colectivas de Novos Valores da Bienal de Pontevedra e na de Unión Fenosa, ademais de realizar exposicións individuais. Da súa obra destaca a serie Capricho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Director do Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria. Iniciou a súa formación no obradoiro de Manuel Ramos da súa cidade natal para despois trasladarse a Madrid, onde estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (1948-1952). Entrou en contacto coa escultura de Julio González e coa pintura de Fernand Léger durante a súa viaxe a París no 1952. En 1953 asistiu á School of Fine Arts, onde coñeceu a obra de Henri Moore. Regresou a Canarias e comezou a desenvolver a técnica do ferro forxado. O seu traballo en forxa reflexiona sobre o simbolismo de motivos iconográficos primitivos ou as relacións home-natureza, que o fan evolucionar desde a abstracción surrealista ata o conceptualismo. A obra desta primeira etapa caracterízase por unha estética surrealista e polo inicio dun interese polo primitivismo próximo á cultura guanche canaria e africana. No 1955 instalouse en Madrid e dous anos despois integrouse no grupo El Paso, onde desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, marqués de Lozoya. Foi catedrático de Historia da Arte nas universidades de València, Madrid e Navarra, director xeral de Bellas Artes (1939-1951), director da Academia Española de Bellas Artes en Roma (1952-1957) e presidente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972-1978). Colaborou co Anuario Brigantino, onde publicou o discurso “De los juegos florales de 1946” (1951) e nos libros Santiago en España, Europa y América (1971) e Coruña, paraíso del turismo (1973). Escribiu, entre outras obras, Historia del arte hispánico (1931-1942), Santiago Apóstol: Patrón de las Españas (1940), Santiago de Compostela: la catedral. Historia, arquitectura, arte, devoción, peregrinación (1965), Sotomayor (1968) e Historia de España (1969-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Profesor de ensino medio, colaborou en distintas revistas (Agália, Ferroanálisis e A Nosa Terra). Publicou relatos na revista Ólisbos co pseudónimo de Alberte Sueiro, e no volume colectivo Muralla de crescórnio (1989), ademais da novela Mar para todo o sempre (Premio Carballo Calero do concello de Ferrol, 1992) e o libro de narracións breves Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (Premio Carballo Calero, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e gravador. Licenciouse en Filosofía e Letras e diplomouse en maxisterio. Residiu en Catalunya, onde exerceu a docencia. Entre outras mostras participou na Bienal de Manresa.

    VER O DETALLE DO TERMO