Casabella López, Xosé Manuel

Casabella López, Xosé Manuel

Arquitecto. Foi membro fundador e profesor (dende 1973) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Estudiou na Escola d’Arquitectura de Barcelona onde traballou con Diego Bonet. As súas primeiras obras en Galicia están marcadas por un concepto racionalista da arquitectura; entre elas destaca a casa do concello da Capela (1975). Entre as obras que realizou sobresaen a casa da cultura e o mercado de Burela (1991), o edificio de servicios dos alumnos do campus da Zapateira da Universidade da Coruña (1993) e o complexo deportivo do parque de San Diego na Coruña (1997). Ademais, dirixiu os vídeos Arquitectura galega actual e Os faros galegos. En 1971 foi premiado no Concurso Nacional de Arquitectura Diputació de Castelló para a construción da casa da cultura.   En 1972 gañou o Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa e, en 1982, o primeiro premio de méritos para a remodelacion do Kiosco Afonso da Coruña, obra que realizou entre 1980 e 1984. En 1990 recibiu o premio do COAG pola remodelacion do contorno das Burgas, en Ourense.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferreira, O Valadouro