Castillo López, Anxo do

Castillo López, Anxo do

Historiador da arte e arqueólogo. Licenciado en Filosofía e Letras (1926), foi profesor na Escola de Comercio e na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como director do Museo Provincial da Coruña (1922), arquiveiro municipal (1930) e cronista oficial (1946). Colaborador en diversas publicacións, o seu destacado labor de catalogación e conservación do patrimonio artístico galego recolleuse en múltiples artigos como “La arquitectura cristiana en Galicia” (1906), “Los castros gallegos” (1908), “Por las montañas de Galicia. Las montañas del Cebrero” (1918), “Guía artística y monumental de la provincia de Orense” (1928), “La arquitectura en Galicia en la época de los suevos” (1961) e El pórtico de la Gloria (1949). Escribiu a novela curta A dona das torres (1925). Postumamente editouse Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (1972). En 1905 ingresou como adxunto na Real Academia Galega, da que foi correspondente en 1908 e numerario en 1927, e en 1924 entrou no Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1919), á Real Academia de Historia (1924), á Associação de Arqueólogos Portugueses (1936) e ao Deutsches Archäelogisches Institut (1954). Recibiu o Premio do Centro Gallego de Montevideo e as condecoracións das Palmas Académicas (1929), a Lexión de Honra (1934) e a Orde de Cristo (1950).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso