"Lens" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 53.
-
PERSOEIRO
Bispo anglicano de Sudáfrica. Depuxérono pola súa teoría sobre a non historicidade do Pentateuco. Defensor dos zulús, traduciu a Biblia á súa lingua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor belga. Fundou o grupo L’Essor, co que organizou as primeiras exposición de belas artes, e a Académie de Saint-Gilles. Entre as súas obras destaca o monumento de Anspach (Bruxelas).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Protagonista dun conxunto de divertidas aventuras, moi popular en Europa nos ss XV e XVI, que se basearon, posiblemente, nas vicisitudes dun vagabundo de orixe campesiña que habitou en Alemaña no s XIV. Representa o prototipo do plebeo que se ri dos mercadores, nobres e cregos. A primeira versión escrita que se conserva publicouse en Estrasburgo en 1515. Ademais, foi o tema dun poema sinfónico de R. Strauss.
-
CIDADES
Cidade e porto do land de Slesvig-Holstein, Alemaña, situado ao final do fiorde de Flensburg, no Mar Báltico (87.000 h [1990]). Nesta zona destaca a construción naval e mecánica e a industria de coiro, de produtos químicos e de instrumentos de óptica. Fundada no s XII ao pé da ruta comercial que une o Báltico con Centroeuropa, foi declarada cidade en 1284. Baixo a dominación danesa converteuse nun destacado porto comercial (s XVI) e desde a Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) entrou en decadencia. No s XIX, Dinamarca e Alemaña disputáronse a súa soberanía e en 1920 pasou a Alemaña. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Nicolás e San Marien, os mercados de Nordertor e Schrangen, e a ponte da Kompanietor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fiorde do golfo de Kiel, situado no Mar Báltico occidental, que fai de límite entre Dinamarca e Alemaña. Duns 50 km de lonxitude, a península de Holnis divídeo nun fiorde interior (20 km), coa cidade de Flensburg ao seu fondo, e un fiorde exterior.
-
PERSOEIRO
Escritor sueco. A súa obra xira ao redor de temas existenciais e políticos que trata con ironía. Da súa produción destaca Moderna myter (1949). Ingresou na Academia Sueca en 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sevillano.
-
PERSOEIRO
Pintor ruso. En París entrou en contacto co postimpresionismo e o fauvismo, e en 1909 fundou, con Kandinsky e outros, a Neue Künstlervereinigung, na órbita do expresionismo alemán. Influído polo cubismo, dedicouse a pintar caras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta situada entre as praias de Louro e Lariño na parroquia de Louro (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
CIDADES
Cidade de Artois, Francia, situada no departamennto de Pas-de-Calais (518.727 h [1999]). Forma parte da conca mineira do N. Antiga praza forte, durante a Guerra dos Trinta Anos foi escenario da vitoria das tropas do príncipe de Condé sobre as do arquiduque Leopoldo Guillerme, o 20 de agosto de 1648.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e catedrático de Lengua e Literatura Españolas. Crítico de arte e literatura en diversas publicacións periódicas, publicou Antología de Rosalía de Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Foi catedrático de Filoloxía Grega na Universidad de Granada. Escribiu numerosos artigos sobre a mitoloxía, filoloxía e historia da antigüidade clásica e foi un dos directores da colección Biblioteca de Estudios Clásicos. Membro do consello asesor da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da American Philological Association, é autor de Fragmentos papiráceos de Eurípides (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Profesor na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, participou na edición dos Cadernos de Fotoxornalismo. Expuxo a súa obra en diversas cidades de España e de EE UU. Gañou o primeiro premio do Concurso de Carteis de Entroido de Vigo (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lens (Ames). A súa orixe remóntase ao s XVI, ligada aos Ardeleiros. Ten planta rectangular pero os muros non forman un ángulo recto, ten unha galería orientada ao N, e na fachada atópase un escudo que alude aos Santiago, aos Ardeleiros e aos Mariño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
maleducado.
-
-
Relativo ou pertencente a Manila ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Manila.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao home de Neanderthal.
-
PERSOEIRO
Escritor dinamarqués. Tratou con Goethe, Fichte, Schleiermacher, De Stäel e Thorwaldsen nunha viaxe por Alemaña. Á volta da mesma foi nomeado profesor de estética da Universidade de Copenhague (1809). Converteuse nun dos máximos románticos escandinavos e nun decisivo renovador da literatura danesa. Da súa produción, marcada polo gusto polo fantástico, fundamentado nas lendas nórdicas e na historia europea, cómpre salientar Digte (Poesías, 1803) e Poetiske Skrifter (Escritos poéticos, 1805), que inclúen o drama “Aladdin”. Da súa produción novelística destacan Helge (1814) e Nordens Guder (Os deuses do Norte, 1819), e as traxedias Palnatok (1809) e Axel og Valborg (1810). Arrastrado á loita contra as novas correntes introducidas por Heibert, escribiu Ørvarodds Saga (A saga dos Ørvarodds, 1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Número de mililitros, na análise de graxas comestibles, de álcali 0,1 normal necesarios para neutralizar os ácidos graxos volátiles, insolubles en auga e de baixo peso molecular (como o láurico e o mirístico), de 5 g de graxa.