Lens, pazo de
Lens, pazo de
Construción situada en Lens (Ames). A súa orixe remóntase ao s XVI, ligada aos Ardeleiros. Ten planta rectangular pero os muros non forman un ángulo recto, ten unha galería orientada ao N, e na fachada atópase un escudo que alude aos Santiago, aos Ardeleiros e aos Mariño.