lentella
(< lat lenticŭla)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea anual, que presenta o talo delgado, de 20 a 50 cm de lonxitude, e as follas paripinnadas terminadas en gabián. As flores, violáceas ou brancas, están inseridas nuns pedúnculos, e o froito en legume, de 7 a 20 mm, e coa semente no seu interior, que é lenticular e comestible. Nas raíces é común a presenza de bacterias do xénero Rhizobium, que fixan o nitróxeno atmosférico. Utilízanse moitas veces en cultivo rotativo con outros vexetais para repor o nitróxeno do solo. É de orixe asiática, xa está estendido o seu cultivo por todo o mundo.
-
s
f
[ALIM]
Semente comestible que se cultiva desde a Antigüedade tanto para alimentación humana como para forraxe dos animais. O seu cultivo é común en toda España, e adáptase ben as diferentes condicións climáticas, aínda que se ve moi afectada pola rosada e as neves; seméntase en marzo-abril, e a recolección é entre xuño e agosto. Contén moitos nutrientes, un 26,4% de proteínas, 1,4% de graxas e 50,5% de hidratos de carbono, fundamentalmente amidón, tamén é rica en vitaminas B 1 , B 3 e B 6 ; abundante en ferro e en cinc e selenio. É común preparala en guiso acompañada de arroz, patacas e verduras, e tamén se pode comer en ensalada.
-
s
f
[CONSTR]
Pedra pequena de forma aplanada, que ten un grosor inferior ao 60% da súa lonxitude.
-
s
f
[PAT]
Mancha pequena da pel, de cor terrosa, coa forma dunha lentella.
-
s
f
[METROL]
Disco de metal que vai fixado á extremidade inferior do péndulo dun reloxo de parede.
-
lentella de auga
[PLANTA]
Planta herbácea, do xénero Lemna, da familia das lemnáceas, acuática, flotante, do tamaño e forma dunha lentella de cor verde. En Galicia florece entre a primavera e o verán en charcas e regatos de augas estancadas a especie L. minor.