lente

lente

(< lat lente ‘lentella’)

    1. s f [FÍS]

      Sistema óptico formado por dúas superficies refrinxentes, unha delas, polo menos, curva, cun eixe común, denominado eixe principal. Os raios de luz que, procedentes dun obxecto, atravesan a lente son desviados da súa traxectoria orixinal (refracción) e dan lugar a unha imaxe cunhas características que dependen do tipo de lente e da posición relativa do obxecto e da lente. Segundo a forma das súas superfices, clasifícanse en biconvexas, plano-convexas, cóncavo-convexas, plano-cóncavas e bicóncavas. Segundo a maneira de desviar os raios da luz, clasifícanse en converxentes, que son as de foco imaxe real e, normalmente, máis grosas no centro que na periferia; e diverxentes, que son as de foco imaxe virtual e máis grosas na periferia que no centro.

    2. s f pl [MED]

      Utensilio que está formado por dúas lentes fixas nunha armazón que se apoia no nariz e nas orellas e que se emprega para corrixir defectos visuais ou protexer os ollos da claridade.

      Sinónimos: anteollos.
    3. lente de contacto [MED]

      Cápsula de plástico ou de vidro, discoide, cóncava-convexa que se aplica sobre a córnea para corrixir algún defecto da visión.

  1. s f [IMAX]

    Cada unha das pezas de vidro de formas variadas que se empregan para refractar a luz dun modo concreto. Están deseñadas para actuar conxuntamente con outros elementos do obxectivo e así poder obter unha imaxe nidia. Pódese distinguir entre lente convexa, que resulta máis ancha no centro ca nos extremos e que fai converxer os raios de luz nun foco; e lente cóncava, máis grosa nos bordos ca no centro e que dirixe os raios de luz cara ao exterior. Por outra banda, os lentes de aproximación constitúen elementos adicionais que se colocan sobre o obxectivo para alterar a lonxitude focal e realizar traballos de proximidade.

  2. lente electrónica [FÍS]

    Dispositivo que permite desviar ou enfocar un feixe electrónico. Poden ser electromagnéticos ou electrostáticos. Os lentes electromagnéticos baséanse na acción dun campo eléctrico, creado por bobinas, mentres que os lentes electrostáticos funcionan pola acción dun campo eléctrico, creado por placas electrostáticas. Constitúen o fundamento da óptica electrónica.

  3. lente gravitacional [ASTRON]

    Efecto de desdobramento da imaxe que se produce ao pasar a luz dun obxecto celeste arredado preto doutro máis próximo.

  4. lentes de Fresnel [FÍS]

    idros ou plásticos tallados, derivados de lentes plano-convexas, que fan que os raios de luz que chegan paralelos ao eixo óptico se concentren nun só punto ou foco, e cando saen deste fano paralelos nun tubo de luz.

Palabras veciñas

Lens, Jorge | Lens, pazo de | lenta | lente | lentella | Lentellais | Lentellas