"Lete" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

    1. Protección do corpo constituída polo conxunto de coirazas e faldróns, habitual no s XVI.

    2. Tórax dos insectos que teñen os tres segmentos fortemente unidos entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno recipiente cilíndrico de diferentes materiais, como a madeira, o metal ou o plástico, que se usa para lanzar os dados no parchís ou en xogos similares.

    2. aso máis ancho na boca que no fondo, que usan os pasteleiros e cociñeiros como molde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é altamente daniño e pode poñer en perigo a vida.

    2. Que corrompe ou que prexudica moralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dosel en beiril característico do gótico que imita as formas dun pequeno templo con cuberta abovedada e pináculos. Cubría principalmente estatuas e sitiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo francés. Foi axudante de notario e copista na chancelería do duque de Orléans, antes de dedicarse por completo á literatura. Protexido do duque de Montpensier, en 1847 inaugurou o Théâtre Historique e, posteriormente, fundou os xornais La Liberté, Le Mois e Le Mousquetaire. De ideas republicanas, apoiou a Revolución de 1948 e a causa de Garibaldi. Trala vitoria do líder italiano, estableceuse en Nápoles ata o ano 1864, onde o nomearon xefe de escavacións e museos. Admirador de Walter Scott e paradigma do romanticismo francés, cultivou a novela histórica, a comedia e o drama. Cómpre destacar da súa abundante produción, que conta co traballo de numerosos colaboradores, como Auguste Maquet, as obras Henri III et sa cour (Enrique III e a súa corte, 1829), Antony (1831), Napoleón Bonaparte (1831), La tour de Nesle (A torre de Nesle, 1832), Les trois mousquetaires (Os tres mosqueteiros, 1844), Le comte de Monte-Cristo (O conde de Montecristo, 1844), La reine Margot (A Raíña...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parágrafo, columna ou texto que se atopa entre filetes.

    2. Frase ou parágrafo dun xornal que aparece destacado para chamar a atención do lector.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punzón que se empregaba na Antigüidade para escribir en táboas enceradas.

    2. Puñal de folla moi estreita e triangular empregado sobre todo nos ss XVI e XVII.

    3. Sonda metálica, longa e delgada, que pode ser flexible ou ríxida e que ten unha pequena dilatación en forma de oliva nun extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adorno en forma de liña recta que se coloca nos bordos de algo.

      1. Rebanda de carne fina e sen óso.

      2. Anaco de peixe plano e delgado ao que se lle quitou a espiña central.

    2. Espiral helicoide saínte dun parafuso ou dunha rosca.

    3. Moldura corrida e estreita, de sección cadrada, que separa dúas molduras de maior tamaño.

      1. Liña impresa que serve, entre outros usos, para separar títulos ou columnas de texto ou subliñar palabras.

      2. Lámina de latón ou de aliaxe tipográfica, da mesma alzada do tipo, empregada para imprimir as raias chamadas filetes.

    4. Peza diminuída, nas representacións heráldicas, equivalente a unha lista reducida á metade da súa anchura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar algo en filetes.

    2. Decorar con filetes.

    3. Facer a rosca dun parafuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Motivo decorativo, de xeso, madeira ou pedra, policromado, que serve para encadrar o escudo ou outro motivo que decora as claves nunha bóveda de crucería.

    2. Motivo decorativo que se superpón ás claves dunha bóveda en forma de disco, escudo ou figura ornamentado por festóns ou cintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e poeta grego. Escribiu obras de erudición en prosa, elexías amorosas e epigramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento decorativo propio da arte gótica que se coloca no remate de arcos ou oxivas. Está formado por liñas rectas que se unen formando un ángulo moi agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno recipiente cilíndrico de diferentes materiais, como a madeira, o metal ou o plástico, que se usa para lanzar os dados no parchís ou en xogos similares.

    2. aso máis ancho na boca que no fondo, que usan os pasteleiros e cociñeiros como molde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía (157 km de lonxitude e 3.088 km2 de conca). Recolle as augas dos regatos de Grazalema (Cádiz) e transpórtaas ata o Atlántico polo Puerto de Santa María (10 m3 de caudal). Nel construíronse os encoros de Bornos e de Arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron en xullo do 711 as tropas do rei visigodo Rodrigo e o exército musulmán liderado por Tāriq ibn Ziyād. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular. A localización do lugar do combate continúa a ser moi discutida e os historiadores dubidan en situalo entre o río Barbate, a lagoa de La Janda e a beira do río Guadalete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte dado de xeito oblicuo no bordo ou extremidade dunha peza limitada por dúas caras paralelas, como o fío dunha ferramenta, o contorno dun cristal, etc. O tallado ten como finalidade eliminar as arestas demasiado pronunciadas formadas pola intersección de dúas caras en ángulo agudo ou recto ou, pola contra, aguzar un dos bordos, coa intención de facelo cortante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade da mitoloxía grega, filla de Éride, que se converteu nunha alegoría do Esquecemento, irmá da Morte e do Sono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, cantante e actor. Formou parte do grupo musical Ez Dok amairu (1966-1972), de grande impacto cultural, político e social, e realizou estudios, recitais e gravacións. Como escritor, destaca a súa poesía Egunetik egunera orduen gurpillean (Día a día na roda das horas, 1968), Urrats desbideratuak (premio cidade de Irún, 1980) e Biziaren ikurrak (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río que fluía nos infernos. Nel bebían os mortos, cando entraban no outro mundo, para esquecer a súa vida terrestre, e os que crían na metempsicose afirmaban que as ánimas, antes da súa reencarnación, bebían tamén nel para esquecer o que viran nese outro mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se encarga de transportar maletas, especialmente nas estacións ou nos hoteis.

    2. Persoa que fabrica ou vende maletas.

    3. Lugar dunha casa onde se gardan as maletas.

    4. Compartimento dun vehículo destinado para as maletas ou equipaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO