filete

filete

(< fr filet)

  1. s m

    Adorno en forma de liña recta que se coloca nos bordos de algo.

  2. s m [ALIM]
    1. Rebanda de carne fina e sen óso.

      Sinónimos: bisté.
    2. Anaco de peixe plano e delgado ao que se lle quitou a espiña central.

  3. s m

    Espiral helicoide saínte dun parafuso ou dunha rosca.

  4. s m [ARQUIT]

    Moldura corrida e estreita, de sección cadrada, que separa dúas molduras de maior tamaño.

  5. s m [GRÁF]
    1. Liña impresa que serve, entre outros usos, para separar títulos ou columnas de texto ou subliñar palabras.

    2. Lámina de latón ou de aliaxe tipográfica, da mesma alzada do tipo, empregada para imprimir as raias chamadas filetes.

  6. s m [HERÁLD]

    Peza diminuída, nas representacións heráldicas, equivalente a unha lista reducida á metade da súa anchura.

Palabras veciñas

Filemón | Filemón, carta a | Filetairo | filete | filetear | fileteira | Filetes