bisté

bisté

(< ing beefsteck ‘bisté devaca’)

  1. s m [ALIM]

    Tallada de carne de vacún que se cociña á grella, á prancha ou na tixola. Este corte debe obterse de pezas de primeira categoría, para que a carne, sen nervios e pobre de graxa, resulte tenra. A altura non debe ser inferior a dous centímetros e o peso entre 150 e 200 gramos, admitindo diferentes puntos de cociñado: cru, pouco feito, no seu punto ou ben feito, e diversas gornicións e salsas.

    Ex: Hoxe comín bistés de tenreira con patacas.

    Sinónimos: filete.
  2. bisté alemán/de Hamburgo [ALIM]

    Rebanda de carne picada e adobada de forma arredondada e plana que se acostuma servir grellada ou á prancha.

    Sinónimos: hamburguesa.
  3. bisté ruso [ALIM]

    Rebanda de carne picada, normalmente amasada con ovo e adobada con allo, cebola, pirixel, etc, de forma arredondada que se serve fritida ou á prancha.

  4. bisté tártaro [ALIM]

    Masa de carne picada, adobada de diversas maneiras, que se serve crúa.