"Lier" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • Mattia Predi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Debutou en 1775 e especializouse en composicións alemanas. Destacou na interpretación das óperas de Mozart Die Entführung aus dem Serail e Don Giovanni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi organista en San Marcello de Roma (1578-1584). En 1588, Fernando I de Medici nomeouno intendente das artes en Florencia. A súa obra principal, Rappresentazione di Anima e di Corpo (Representación da alma e do corpo, 1600), é unha representación escénica segundo o novo estilo de recitar cantando, afastado do oratorio clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xesuíta. Discípulo de Galileo, foi catedrático de Astronomía en Boloña e introduciu os logaritmos en Italia. Da súa obra destaca Geometria indivisibilium continuorum nova quadam ratione promota (Nova xeometría dos indivisibles continuos con algún cálculo resolto, 1635) e Exercitationes geometricae sex (Seis exercicios xeométricos, 1647), estudo no que estableceu a teoría dos indivisibles e expuxo o seu gran descubrimento: a conexión que existe entre a diferenciación e a integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e cantante. Dende 1909 actuou no Folies-Bergère, sala desde a que proxectou a súa carreira internacionalmente. No ámbito musical acadou éxitos como Ma pomme, Valentine ou Louise. Con respecto ao seu labor cinematográfico traballou en Hollywood entre 1928 e 1935, onde participou nas películas The Smiling Lieutenant (O tenente sorrinte, 1931), The Merry Widow (A viúva alegre, 1934), Gigi (1958), Can-can (1959), Fanny (1961) e Jessica (1962), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político francés. Militante nas filas do saint- simoniano e chegou a dirixir o órgano de expresión Le Globe (1831). Librecambista, foi designado por Napoleón III para a redacción do tratado comercial de 1860 con Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, litógrafo e ilustrador. Coñecido como Paul Gavarni, traballou nas revistas La Mode, Charivari e L’Illustration. En 1883 fundou o Journal des gents du monde para o que compuxo textos e ilustracións. Publicou as series Les Étudiants (Os Estudiantes, 1838-1840), La prison de Clichy (A prisión de Clichy, 1840), Les lorettes (As damas, 1841), Carnaval (Carnaval, 1841-1843) e os debuxos Masques et visages (Máscaras e rostros, 1851-1858). Durante a súa estancia en Inglaterra (1847-1851) analizou e comparou a vida dos pobres e dos ricos en Gavarni en Londres (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, historiador e liturxista francés. Canónico e profesor en Lyon. Entre as súas obras destacan Répertoire des sources historiques du Moyen âge (Repertorio dos manantiais da Idade Media 1873-1903), e o Repertorium hymnologicum (1892-1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade dos dereitos do home e do cidadán, fundada en 1790 en París, no transcurso da Revolución Francesa. Os seus membros eran de orixe popular e esixían, entre outras medidas, a aplicación da democracia directa, a acción revolucionaria, a igualdade absoluta e a persecución do clero refractario. Dirixiu as accións republicanas de xullo de 1791, pero o seu radicalismo colidiu coa política de Robespierre e do Comité de Salvación Pública, que fixo deter e guillotinar entre marzo e abril de 1794 os seus dirixentes, entre os que figuraban Danton e Desmoulins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coleccionista e historiador de arte francés. Viaxou por Europa e adquiriu unha importante colección de obras de arte que lle legou ao Musée du Louvre. A súa viaxe por España reflectiuna na obra L’Espagne (1874), ilustrada por Gustave Doré. Escribiu, entre outras obras, Histoire des faïences hispano-moresques à reflets métalliques (Historia das baldosas hispano-mouriscas con reflexos metálicos, 1861), Fortuny, sa vie, son oeuvre, sa correspondance (Fortuny, a súa vida, a súa obra, a súa correspondencia, 1875) e Les arts décoratifs de l’Espagne (As artes decorativas de España, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con Elie Delaunay e na Académie Julian. Influenciado por G. Moreau, cultivou a pintura mitolóxica e costumista ata que, trala Primeira Guerra Mundial, realizou obras de temática relixiosa. Entre outras obras destaca Sacré Coeur (Sagrado Corazón). Foi un dos fundadores dos Ateliers d’Art Sacré (Obradoiros de arte sacra, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e historiador da arte. Escribiu, entre outras obras, La théorie et la pratique du jardinage (A teoría e a práctica da xardinería, 1709) e Abrégé de la vie des plus fameux peintres (Resumo da vida dos máis famosos pintores, 1745-1752). O seu fillo Antoine-Nicholas Dezallier D’Argenville (?-1796) escribiu, entre outras obras, Voyage pittoresque de Paris (Viaxe pintoresca por París, 1757) e Vies des fameux architectes, depuis la Renaissence des arts, avec la description de leurs ouvrages (Vida de famosos arquitectos, despois do renacemento das artes, coa descrición das súas obras, 1787).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Coñecido como o Marquesito, serviu como gardamariña na Armada e participou na Batalla de Trafalgar (1805). Incorporouse como capitán nun rexemento de cabalería e participou na Guerra da Independencia co rango de coronel. Reuniu e organizou as guerrillas dende San Cebrián de Campos (Palencia) e, en febreiro de 1809, liberou un depósito de prisioneiros dos franceses en Sahagún. Trala conquista da gornición de Aguilar de Campoo ascendeu a brigadier. Trasladouse a Asturias e levou a cabo varias expedicións marítimas contra os franceses polo Mar Cantábrico a bordo da fragata británica Aretusa. No 1812, coa formación do IV exército español, conseguiu o mando da 5ª División, pero tralo retorno de Fernando VII foi detido polas súas ideas liberais (29.5.1814) e condenado a reclusión no castelo de San Antón da Coruña. Chegou á cidade o 16 de xullo de 1814 e pouco despois comezou a preparar unha sublevación. Alegando motivos de saúde, trasladouse xunto coa súa muller, Xosefa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ditador haitiano. Coñecido como Papa Doc polo seu traballo como médico, ingresou no Movemento de Obreiros e Campesiños (MOP) no 1946 e participou no derrocamento do presidente Elie Lescot. Foi nomeado director do Servicio de Saúde (1946), subsecretario de Estado de Traballo (1948) e ministro de Traballo (1949) no goberno de Dumarsais Estimé. Foi destituído en 1954 e exiliouse durante dous anos, pero trala caída de Magloire e dun período de nove meses de tensións, nos que se sucederon sete presidentes, chegou ao poder nas eleccións presidenciais do 22 de setembro de 1957. Contou co apoio da burguesía negra e mantivo unha política de terror, sostida por un corpo especial de represión, os tontons macoutes. O 30 de abril de 1961, antes da fin do seu mandato, convocou unhas eleccións inconstitucionais, das que saíu reelixido. O 1 de abril de 1964 autonomeouse presidente vitalicio e declarou sucesor o seu fillo Jean-Claude Duvalier. Mantívose no poder ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político haitiano, fillo de François Duvalier. Coñecido polo sobrenome de Baby Doc, sucedeu a seu pai na presidencia do país (21.4.1971). Durante o seu goberno iniciou unha política de tímidas aperturas, adoptou unha nova Constitución e convocou eleccións lexislativas en 1984, pero antes dos comicios encarcerou o líder opositor Sylvio Claude, de maneira que o partido oficial, o CONAJEC (Comité de Acción Jeanclaudista), obtivo a vitoria. Sobreviviu a diversos atentados e ao intento de derrocamento organizado por un grupo de exiliados dirixido por Bernard Sansarico (1982). As revoltas populares e a retirada do apoio norteamericano obrigárono a fuxir de Haití o 7 de febreiro de 1986 e só Francia aceptou concederlle asilo de xeito temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi conservador do Musée Victor Hugo (1913 - 1933) e do Musée du Petit Palais (1933-1943) de París. Escribiu, entre outras obras biográficas, Daumier, peintre et lithographe (Daumier, pintor e litógrafo, 1923) e Delacroix (1926); e editou Un amant de génie: Victor Hugo, lettres d’amour et carnets inedites (Un amante marabilloso: Victor Hugo, cartas de amor e notas inéditas, 1953). Así mesmo, é autor da novela Cantegril (1921) e do ensaio Mes Pyrénées... (Meus Pireneos..., 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia aristocrática veneciana, na que ocuparon o cargo de dux Vitale (1084), vencedor dos normandos, Ordelafo (1102) e Marino (1354), instigador dun fallido complot para destituír o goberno aristocrático veneciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político francés. Militante da esquerda republicana, foi elixido deputado en 1876 e, tras formar parte de varios gabinetes ministeriais, ocupou a Presidencia da República entre 1906 e 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista suízo. Catedrático de Dialectoloxía da École des Hautes Études de París (1883-1926), onde estudiou con Gaston Paris. Colaborou no Atlas Linguistique de la France (ALF, 1902-1910), obra dirixida por Edmond Edmont que supuxo o inicio dunha nova corrente metodolóxica dentro da lingüística: a xeografía lingüística ou xeolingüística, consistente no estudo cartográfico das falas vivas. Foi o primeiro profesor de linguas galorromanas e fundou, con Jean-Pierre Rousselot, a Revue des patois gallo-romans (1887-1892), para a publicación de monografías lingüísticas; ademais iniciou a xeografía lingüística. Cómpre destacar as súas obras Généalogie des mots qui désignent l’abeilly (1918), La faillite de l’étymologie phonétique (1919), Pathologie et thérapeutique verbales (1921) e La géographie linguistique (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Estudiou no Conservatorio de Moscova, onde logo exerceu a docencia. A súa obra, exemplo da corrente realista da escola rusa, comprende sinfonías, óperas e ballets.

    VER O DETALLE DO TERMO