"Múnic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 96.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación iniciada entre os anos 1894 e 1895 en Ourense. Cesou despois do ano 1900. Foi a primeira publicación que dependeu do concello.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Ortigueira en outubro de 1916. Este boletín, de periodicidade mensual, subtitulouse “Órgano oficial del ayuntamiento de Ortigueira”. Era gratuíto para os habitantes do termo municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña no ano 1930. Levaba como subtítulo “Órgano oficial del ayuntamiento de La Coruña”. Aínda que nun principio tiña periodicidade mensual, logo saíu bimestralmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada pola sección de linguaxe administrativa dependente do Instituto da Lingua Galega (ILG) en Santiago de Compostela en 1986, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería da Presidencia e distintos concellos galegos, de acordo co convenio asinado o 20 de decembro de 1984. Dirixido fundamentalmente aos servicios municipais de normalización das distintas administracións locais, saíron cando menos tres números entre os anos 1986 e 1988: o primeiro caderno titulouse “Patrimonio e Bens”, o segundo “Contratación” e o terceiro “Urbanismo”. Neles incluíase documentación e modelos para a elaboración de informes técnicos e xurídicos dos servicios públicos, dos bens patrimoniais, ditames das comisións e dos plenos, certificados, acordos dos plenos e das alcaldías, acordos de iniciación para expropiación forzosa e para ocupación privativa de dominio público, anuncios de licitación de obras e trámites para a solicitude de obras, entre outros. Amais, ao final...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro arxentino relacionado co movemento artístico conceptual que acadou o seu desenvolvemento na década dos anos setenta. Especializado na teoría da arquitectura, o vídeo e as artes visuais, estivo dirixido por Jorge Clusberg e polo chamado Grupo de los Trece, representado entre outros polos artistas Bedel, Dujowny, Portillo e Romero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESATEL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución utilizada para designar a participación dos membros de diversas confesións cristiás nos bens espirituais que lles son comúns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica, característica do debate dialéctico, que consiste na exposición dunha pregunta. O orador pode dirixir a pregunta ao seu adversario, a si mesmo -como medio de organización dos seus razoamentos- ou ao público, finxindo o establecemento dun diálogo sobre unha determinada actuación, no que se aparenta valorar a opinión dos oíntes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paquete de aplicacións creado pola compañía Netscape que inclúe un navegador para Internet, un editor de páxinas web, un xestor de correo electrónico e varias utilidades máis.
-
-
Que pode ser comunicado.
-
Que se relaciona con facilidade.
-
-
-
-
Acción de comunicar ou de comunicarse.
-
Proceso mediante o que se establece un intercambio verbal de información no que un individuo, chamado emisor, produce un enunciado ou mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario. Comprende dúas fases, a emisión e a recepción da mensaxe, denominadas respectivamente codificación e descodificación. A codificación consiste na transformación dunha serie de conceptos e contidos que se desexan transmitir, en sinais acústicos, convertidos en enunciados lingüísticos. A descodificación correspóndese coa comprensión dos sinais recibidos pola vía auditiva. Aos tres elementos básicos da comunicación engádense o contexto, o código e o contacto. Calquera acto de comunicación sucede sempre nun contexto determinado, isto é, nunha situación espacial e temporal concreta. Ademais, o proceso precisa do manexo dun código común que permita a intercomprensibilidade, un conxunto de sinais e de regras de combinación...
-
Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico, ou vía satélite.
-
Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais. A fonte, ou punto de orixe, pode ser de natureza individual ou colectiva. A comunicación materialízase na mensaxe, composta de signos ou símbolos, servíndose de medios de comunicación auditivos, visuais ou táctiles e, en xeral, mediante calquera forma, sinal ou medio susceptible de ser interpretado. A maneira na que a mensaxe se concibe, exteriorizada, transmitida, recibida e interpretada, determina a efectividade e a consecución dos fins que persegue. Respecto á socioloxía, a comunicación ten un papel importante polo que representa en función das clases sociais, en relación co poder político e coa orixe e desenvolvemento das ideoloxías, ou respecto á educación dos cidadáns, etc. Filosoficamente, o problema da comunicación foi sempre obxecto de reflexión. Platón e Séneca falan da amizade como o elemento máis puro da relación interpersoal. Kant referiuse ao respecto, e Max Scheler, á simpatía. Para Jaspers,...
-
comunicación animal
Transmisión de información entre animais, normalmente da mesma especie, que ten como finalidade provocar un cambio na conduta. Pode realizarse para localizar o alimento, para a cohesión do grupo, a advertencia de perigos, a indicación da posición dentro da xerarquía social, a solicitude de atención, a identificación doutros membros da mesma especie ou para informar da receptividade sexual. Os sistemas de comunicación de cada grupo animal están en relación coas súas características fisiolóxicas, a precisión da mensaxe necesaria e o medio ambiente no que vive a especie. A diferencia da comunicación humana, os animais limitan o intercambio de información ao que, polo menos un deles, está percibindo no mesmo momento da comunicación. Isto ten como consecuencia que os animais só poden transmitir información relativa ao presente. Unha función básica da comunicación é a identificación correcta da parella para evitar as hibridacións entre distintas especies. Este é o papel primordial dos cantos...
-
medio de comunicación
medio de comunicación.
-
comunicación de masas /
Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público. Faise a través dos chamados medios de comunicación de masas ou mass media: prensa, radio, televisión, cinematografía, etc. En función da finalidade e do contido da comunicación, pode considerarse como información, propaganda, publicidade ou relacións públicas. A socioloxía destaca a súa importancia como medio de control social que perpetúa o sistema establecido.
-
comunicación non verbal /
Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal sen que interveña a linguaxe oral ou a escrita. Emprega dous tipos de sistemas de expresión: os sistemas visuais, caracterizados pola transmisión de información por medio de movementos e actitudes corporais; e os sistemas icónicos, baseados na comunicación a través de imaxes e símbolos.
-
comunicación teatral
Proceso de intercambio de información que se produce entre diferentes emisores e receptores que participan na representación en diversos planos. Primeiro hai que considerar a comunicación dramática, que é aquela que se produce entre os personaxes, ou a que se establece entre o personaxe e o público, que pode revestir diversas variantes e funcións. Despois estaría a comunicación propiamente teatral, a que se produce, de forma bidireccional, entre os actores, entre actores e personaxes, entre actores e espectadores, ou entre os propios espectadores. Os procesos de comunicación dramática e teatral constitúen o obxecto de estudo da semioloxía, da teoría da interpretación e das teorías da recepción, e están directamente relacionados cos tres procesos básicos da arte teatral: a interpretación, relación entre un actor e un personaxe; a actuación, xogo de relacións entre personaxes e actores; e a representación, un novo xogo relacional entre a escena...
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en maio de 1990 en Santiago de Compostela e dirixida por César Conde Cid, que se dedica ao sector da comunicación e da publicidade. Como empresa de servicios integrais de comunicación, encárgase da difusión dos produtos de determinadas empresas, á parte doutros traballos relacionados co márketing e coa comunicación institucional. Organiza tamén eventos, estudios de mercado e conta cun servizo de relacións públicas. Entre os seus clientes figuran diversas empresas do sector comercial, da banca e do mundo editorial, ademais de fundacións, museos, teatros e institucións relacionadas coa Xunta de Galicia. Asesoraron no campo da publicidade e da comunicación a Bodegas Martín Codax e realizaron a campaña de comunicación do proxecto Compostela 2000, Capital Cultural.
-
-
de comunicar.
-
Que dispón dun bo sistema de comunicacións.
-
-
Nota aclaratoria ou que contén unha opinión sobre un tema determinado e que se fai pública.
-
-
Reportaxe breve, de noticias urxentes, especialmente de carácter militar, xudicial ou político, realizado pola autoridade superior.
-
-
-
Que comunica ou serve para comunicar.
-
Aplícase á persoa que ten facilidade para lle facer chegar á xente o que quere transmitir, especialmente o profesional de radio e televisión que ten unha gran capacidade para conectar co público.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen comunica algo ou se comunica con algo ou alguén.
-
-
Dar a coñecer algunha cousa a alguén.
-
Transmitir unha información un emisor a un receptor a través dun código determinado.
-
Transmitir unha persoa ou unha cousa algo inmaterial que lle é propio.
-
Poñer en contacto dalgunha forma persoas, cousas ou espacios.
-
Establecer unha comunicación entre un emisor e un receptor.
-
Ser capaz de transmitir o seu propio saber sobre un determinado tema.
-
Estar ocupada a liña do teléfono ao que se chama.
-
Establecerse unha comunicación a través dun código determinado.
-
Poñerse en relación persoas, cousas ou espacios.
-
Pasar algo dunha persoa ou dun lugar a outro.
-
-
-
Calidade de comunicativo.
-
Facilidade á hora de comunicarse ou expresarse.
-
-
-
Relativo ou pertencente á comunicación.
-
Que se comunica facilmente a outros.
-
Inclinado a comunicarse con outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada nos procedementos e nas técnicas da comunicación de masas.