communicatio*

communicatio*
s f [LIT]

Figura retórica, característica do debate dialéctico, que consiste na exposición dunha pregunta. O orador pode dirixir a pregunta ao seu adversario, a si mesmo -como medio de organización dos seus razoamentos- ou ao público, finxindo o establecemento dun diálogo sobre unha determinada actuación, no que se aparenta valorar a opinión dos oíntes.