Communauté Française
Communauté Française
Asociación de estados creada pola Constitución francesa o 4 de outubro de 1958 que comprendía, ademais do Estado francés, as doce antigas colonias de África que optaran polo estatuto de estado membro e que aceptaran entrar na Communauté, é dicir, no Estado francés, con autonomía interna, pero sen soberanía nin independencia internacional. De feito, podían saír da Communauté cando o desexasen reivindicando a súa independencia. A súa existencia foi moi efémera, porque os estados africanos da Communauté accederon á independencia entre 1959 e 1960. Oficialmente non foi nunca disolta.