"MIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 424.
-
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1205-1235). Fillo de Béla III (morto en 1196), disputoulle a Coroa a seu irmán máis vello Eimerico (morto en 1204) e prevaleceu sobre o seu fillo Ladislau III (morto en 1205). Adheriuse á quinta cruzada, pero non tardou en se retirar por mor das súas diverxencias co Rei de Xerusalén e, en consecuencia, do fracaso do ataque ao monte Tabor (1217-1218). Favoreceu á nobreza en detrimento do poder real (doazóns territoriais, Bula do ouro do 1222).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Annam ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Annam.
-
Lingua monosilábica de seis tons falada en case a totalidade do territorio do Vietnam por uns 38 millóns de persoas. É a lingua máis importante do grupo de linguas viet-muong, rama da subfamilia mon-kmer da familia de linguas austroasiáticas. Os seus numerosos dialectos difiren entre si relativamente pouco. A lingua estivo moi influída polo thai e, tamén, polo chinés, debido ao feito de ser o chinés lingua de cultura do Vietnam ata fins do s XVI.
-
-
-
Que impide a mitose.
-
Axente que, pola súa acción bloqueadora da división celular, se emprega no tratamento do cancro e da leucemia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao antisemitismo.
-
Persoa partidaria do antisemitismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao antisemitismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animadversión aos xudeus como grupo étnico. A historia do antisemitismo é complexa e está chea de paradoxos. As primeiras manifestacións antisemitas partían do principio relixioso do antixudaísmo, que atribuía aos xudeus a culpabilidade criminal da morte de Cristo; esta actitude correspondíase cun momento do discurso racista en que o xudeu era considerado como deicida e infiel. A segunda manifestación antisemita resulta de engadir consideracións económicas ao antisemitismo relixioso, momento no que xurdiu a imaxe do xudeu usureiro e rico, do capital negro internacional xudeu, etc, que alimentou o antisemitismo moderno. O termo apareceu por primeira vez en 1880 en publicacións alemanas para designar un movemento diferente de anteriores persecucións contra os xudeus e tiña como base o factor racial e non o relixioso. A finais do s XVIII, A. von Schlözer e J. G. Eichhorn foron os primeiros en falar de nacións semíticas. Fronte a estas, F. Bopp falou a principios do s XIX de linguas...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de Santiago de carácter irregular da que saíron 18 números entre novembro e decembro de 1808.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor inglés. A pesar de que as súas figuras están exentas de carácter realista, a súa obra trata o ser humano, polo xeral en grupo e mediante a plasmación esquemática das extremidades, propoñendo unha misteriosa intuición do volume. Entre as súas obras destaca Grupo andando (1951) e Pandarus 8 (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo inglés. É autor do London Atlas of Universal Geography (Atlas de Xeografía Universal, 1834) e foi un dos fundadores da Royal Geographical Society (Real Sociedade Xeográfica).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oxicloruro de cobre hidratado, de fórmula Cu2 (OH)3 Cl. Cristaliza na singonia rómbica. Preséntase en agregados ou en grans nas areas. É de cor verde, translúcida, de resplandor vítreo e de boa exfoliación. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 3,74-3,78. Opticamente é biaxial negativo. Aparece comunmente asociada coa cuprita e a malaquita.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e novelista ruso. Idealizou nun ton melodramático a antigüidade rusa e a vida patriarcal nas súas obras. Publicou Komedija o rossijskom dvorjanine Frole Skorobejeve... (Comedia do nobre ruso Frole Skorobejev..., 1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Reino de Axum ou aos seus habitantes.
-
Literatura etiópica escrita en dialecto ge’ez, da época do reino de Axum.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi un dos primeiros representantes da escola simbolista rusa, como manifesta a súa obra Tišina (Silencio, 1898). A súa obra, decadentista e exótica, exerceu moita influencia a finais de século: Sbornik stikhotvorenij (Escolma de poesías, 1890) e Pesni mstitel’a (Cancións do vingador, 1905). Traduciu tamén, entre outros, a Shelley, Edgar Poe, Walt Whitman, Calderón, Verlaine, Baudelaire e numerosos autores checos e polacos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1996 pola fusión do Banco de Toquio (creado en 1980) e do Banco Mitsubishi (fundado en 1986).
-
-
Relativo ou pertencente a Belén ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Belén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de bismuto, de fórmula Bi2O3·3H2O. Forma láminas hexagonais delgadas ou masas terrosas, produto da alteración do bismuto e da bismutina. É de cor amarela como a palla ou gris verdosa.
-
PERSOEIRO
Físico. Graduouse na Universidade de Moscova no ano 1930 e foi profesor dela dende o 1936 ata o 1956. Ata o 1965 foi director do Instituto de Investigación Nuclear de Dubna. Estudiou as reaccións en cadea e a física das partículas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Nas súas novelas, de inspiración naturalista, describiu a sociedade rusa do seu tempo. Destacan Kitay-Gorod (1882) e Vasilij T’orkin (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de aluminio hidratado, de fórmula AIO(OH). Mineral constituínte das bauxitas e lateritas. Cristaliza no sistema rómbico, en cristais brancos. Ten unha dureza de 3,5-4 e un peso específico de 5.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación nada probablemente en 1957 na Coruña. Editada en castelán, tiña como subtitulo “Federación Gallega de Fútbol”. Tiña periodicidade irregular. Entre os seus contidos pódense sinalar: datos técnicos sobre regras do xogo, clasificacións, artigos e comentarios sobre fútbol xuvenil e rexional. Inclúe fotografías e publicidade.
VER O DETALLE DO TERMO