"Madrid" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 27.

  • Pacto imposto ao Rei Francisco I de Francia polo Emperador Carlos V, que o mantiña prisioneiro en Madrid. O rei francés debía renunciar ao Ducado de Borgoña, ás súas pretensións sobre Italia e á señoría de Flandres, Artois e Tournai, e comprometerse a casar con Leonor de Austria. O rei francés asinou o 14 de xaneiro de 1526, mais empezou a guerra contra Carlos V, coa formación da Liga de Cognac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada en Redondela. Construída a partir de 1872, coa finalidade de unir Ourense con Pontevedra, destinouse ao tráfico ferroviario. Foi encargada á Compagnie de Fives Lille. Os tramos de acceso están construídos con bóvedas de cantería, e a parte central é unha estrutura de ferro con plataformas no aire, sostida por piares de fábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NL dos Montes de Toledo e regado polo río Amarguillo (10.699 h [2001]). É un centro agrícola, principalmente viña, e con gandería ovina. Posúe destilerías e industria alimentaria de fariñas e queixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade deportiva madrileña que se fundou en 1902 co nome de Madrid Foot-ball Club a partir da escisión do Foot-ball Club Sky (fundado en 1879). Os seus xogadores visten pantalón e camiseta branca e xogan os seus partidos como local no estadio Santiago Bernabeu. Acadou a Copa de Europa en nove ocasións, a da UEFA dúas veces, tres a Copa Intercontinental, unha Supercopa de Europa, vinte e nove ligas, dezasete Copas do Rei, sete Supercopas de España e unha Copa da Liga. A sección de baloncesto, fundada en 1932, gañou a Copa de Europa en oito ocasións, a Recopa de Europa en catro, unha Copa Korac, así como 28 títulos da liga española e 22 da Copa do Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado entre os ríos Manzanares e Jarama, dentro da área metropolitana da capital (35.742 h [2001]). A proximidade con Madrid converteuno nunha zona residencial e incrementou a poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid situado ao NO da capital (63.385 h [2001]). Destaca a industria mecánica, do cemento e a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO