Real Madrid Club de Fútbol

Real Madrid Club de Fútbol

Entidade deportiva madrileña que se fundou en 1902 co nome de Madrid Foot-ball Club a partir da escisión do Foot-ball Club Sky (fundado en 1879). Os seus xogadores visten pantalón e camiseta branca e xogan os seus partidos como local no estadio Santiago Bernabeu. Acadou a Copa de Europa en nove ocasións, a da UEFA dúas veces, tres a Copa Intercontinental, unha Supercopa de Europa, vinte e nove ligas, dezasete Copas do Rei, sete Supercopas de España e unha Copa da Liga. A sección de baloncesto, fundada en 1932, gañou a Copa de Europa en oito ocasións, a Recopa de Europa en catro, unha Copa Korac, así como 28 títulos da liga española e 22 da Copa do Rei.