Real Jardín Botánico de Madrid

Real Jardín Botánico de Madrid

Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).