"Mars" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 47.
-
-
Relativo ou pertencente a Marsella ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Marsella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método para a determinación de presenza de arsénico baseado na descomposición da arsina en arsénico gris e hidróxeno. Emprégase moito en medicina forense para descubrir os envelenamentos con arsénico. Foi proposto en 1836 polo químico James Marsh (Londres 1794 - Woolwich 1846).
-
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Jimi Hendrix, formou parte da banda de Little Richard e tocou con Ike e Tina Turner. En 1966 trasladouse a Inglaterra, onde formou o grupo The Jimi Hendrix Experience, xunto con Mitch Mitchell e Noel Redding. Desenvolveu un estilo caracterizado pola fusión do blues cun pop-rock de vangarda. Dos seus discos destacan Are you experienced? (1967), Axis Bold as Love (1967), Electric Ladyland (1968) e Band of Gypsys (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Foi o fundador da escola neoclásica. Introduciu diversos conceptos, como a elasticidade da demanda, economías internas e externas, e excedente do consumidor, de grande importancia para posteriores estudios económicos. A súa principal obra, Principles of Economics (1890), enlaza, mediante a introdución do factor dos tempos, o estudo dos custos de produción co principio de utilidade marxinal formulada por William S. Jevons, K. Menger e Léon M. E. Walras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e estadista estadounidense. Foi xefe do Estado Maior Central durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Como secretario de Estado (1947-1949) foi responsable do plan de axuda económica a Europa, coñecido como Plan Marshall. Posteriormente foi secretario de Defensa (1950-1951). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1953.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Estado do Pacífico occidental formado por un grupo de illas ao L das illas Carolinas e ao NO das Gilbert (181,3 km2; 53.000 h [estim 2001]). A súa capital é Dalap-Uliga-Darrit, situada no atol de Majuro (33.000 h [2001]).
Xeografía
Comprenden un total de 1.152 illas agrupadas en 34 atois e 870 arrecifes. Está formado por dúas cadeas coralinas: Ratak, ao L, e Ralik, ao O. Ao NL encóntranse os atois de Mili, Majuro, Maloelap, Wotje e Likiep. No SO están Jaluit, Kwajalein, Rongelap, Bikini e Enewetak, entre outros. O clima é caloroso e chuvioso aínda que as illas do N, reciben menos choiva ca os atois situados ao S. Todo o seu territorio está baixo a influencia dos tifóns do Pacífico. As principais actividades econó micas son a pesca e a exportación de copra.
Sociedade e gobernoDiversidade étnica e cultural
VER O DETALLE DO TERMO
Os marshalleses representan a etnia maioritaria (97%), fronte aos filipinos (0,5%) e outros grupos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa elaborado por EE UU para a axuda económica a Europa, aprobado o 2 de abril de 1948, segundo unha idea de George C. Marshall. De nome European Recovery Program (ERP), a súa finalidade era financiar a reconstrución das economías dos estados da Europa Occidental mediante préstamos e cesións nun termo de catro anos. España foi excluída. A administración deste plan foi confiado pola parte europea á OECE, despois OCDE.
-
-
Relativo ou pertencente ás illas Marshal, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante das illas Marshall.
-
Lingua da familia malaio-polinesia do phylum austranesio que se fala nas illas Marshall e en Nauru.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xenio mítico das fontes e ríos de Asia Menor. Segundo o mito grego, competiu con Apolo na arte de tocar a dobre frauta. Apolo saíu vencedor e esfolouno.
-
REXIÓNS
Rexión dos Abruzos, Italia, que ten por centro a conca do Fucino, na provincia de L’Aquila. É unha rexión pobre e marxinada. En 1915 comezouse unha reforma agraria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás marsiliáceas.
-
Planta da familia das marsiliáceas.
-
Familia de fentos acuáticos que posúen o talo horizontal con follas filiformes ou cuadrifoliadas implantadas no talo pola parte superior, e raíces na inferior.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo. Adversario da supremacía do papado, escribiu o tratado Defensor pacis, onde defendeu a autonomía e independencia do poder político fronte ás pretensións do papado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral. En 1946 debutou no teatro profesional na compañía de Alejandro Ulloa, e pouco despois no cine co filme Mariona Rebull (1947). En 1977 foi nomeado director do Centro Dramático Nacional, e a mediados da década de 1980 fundou a Compañía Nacional de Teatro Clásico. Foi director do Instituto de las Artes Escénicas y la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura (1989-1990). Dirixiu obras de autores clásicos e modernos, das que destacan Marat-Sade (1968), Tartufo (1978) e El Misántropo (1997), e tamén de produción propia, como Yo me bajo en la próxima...y usted? (1982) e Tan lejos, tan cerca (1998). Recibiu o Premio Nacional de Interpretación (1960), o Premio Nacional de Teatro (1974), a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1991) e o galardón de honra dos premios Max de teatro (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor neerlandés. Influído polo expresionismo alemán e máximo responsable da revista De Vrije Bladen (1926), desenvolveu un estilo dunha grande expresividade vitalista. Da súa produción destacan o libro de poemas Paradise Renegained (1927), os ensaios De anatomische les (A lección de anatomía, 1926) e De lamp van Diogenes (A luz de Dióxenes, 1928), e as novelas De dood van Angèle Degroux (A morte de Angèle Degroux, 1933) e Heden ik, morgen gij (Hoxe por min, mañá por ti, 1936), en colaboración con S. Vestdijk.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos marsos.
-
Individuo do pobo marso.
-
Pobo de Italia Central establecido nos Apeninos. É posible que procederan de Xermania. Sometidos por Roma (308 a C), foron fieis ao Imperio na Segunda Guerra Púnica, pero promoveron unha guerra social (91 a C) xunto cos samnitas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
toniña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico que tivo lugar en Marston Moor, no condado de York, o 2 de xullo de 1644, durante a Revolución Inglesa. As forzas parlamentarias, dirixidas por Thomas Fairfax, derrotaron as forzas de Carlos I de Inglaterra, que dirixiu o príncipe Ruperto.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo inglés. Foi un dos críticos máis agudos da época de W. Shakespeare e organizou varios grupos de teatro de xente nova que lograron moita popularidade. Da súa produción destacan Histrionomastix (1599), onde satirizou a Ben Jonson, e The Malcontent (1604), onde fixo unha crítica dos excesos cometidos nunha corte lasciva.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos marsupiais.
-
Mamífero da orde dos marsupiais.
-
Orde de mamíferos metaterios que se caracterizan pola presenza nas femias dun marsupio na zona ventral do abdome. Tamén carecen de corpo caloso no cerebro. A súa alimentación pode ser insectívora, herbívora, carnívora e omnívora. Viven en Australia e Nova Guinea, salvo unha familia que vive en zonas concretas de América. Pertencen a esta orde os canguros e os coalas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica cirúrxica que consiste en suturar a pel da parede dun quiste que non puido ser extirpado. Desta forma, unha vez aberto e baleirado o quiste, fórmase unha bolsa comparable á dos marsupiais.