"Molina" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 29.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que actúa como herbicida. O seu mecanismo de acción consiste en intervir no crecemento de meristemas e está autorizado sobre monocotiledóneas anuais en cultivos de arroz.
-
PERSOEIRO
Escritor. Fixo estudos de xornalismo e licenciouse en Historia da Arte na Universidad de Granada. Deu forma a unha das traxectorias máis orixinais e consistentes da novelística española actual. Deuse a coñecer con Beatus ille (1986), novela á que seguiron El invierno en Lisboa (1987, Premio de la Crítica e Premio Nacional de Literatura, 1988) e Beltenebros (1989), ambas as dúas levadas ao cine e vinculadas con esquemas do xénero negro. Todo este ciclo narrativo culminou en El jinete polaco (1991, Premio Planeta e Premio Nacional de Literatura, 1992), a máis persoal das súas novelas. Tamén destacan Diario del Nautilus (1989), Córdoba de los Omeyas (1991), Los misterios de Madrid (1994), Ardor Guerrero (1995), La huerta del Edén (1996), La vida por delante (2002) e Ventanas de Manhattan (2004). Foi nomeado membro da Real Academia Española (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra sitúase entre as dúas correntes que marcaron a narrativa mundial da posguerra: o existencialismo e o condutismo. A súa vertente creativa máis importante é a narrativa, de onde destacan Es vessa una sang fàcil (1954), Cendra per Marina (1965), Avui es parla de mi (1966), Un amor fora ciutat (1970) ou Cops de bec a Passadena (1972). Moitos dos seus libros foron traducidos ao galego, como Mecanoscrito da segunda orixe (1989) e Xogo sucio (1992). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1962) pola súa obra Balanç fins a la matinada, e o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña, onde foi reitor. Escribiu Púlpito e ideología en la Iglesia del s XIX (1978) e El control parlamentario del gobierno (1998). Ademais foi coautor de Las elecciones en Galicia (1982), As institucións políticas no Estatuto de Autonomía de Galicia (1988), Manual de dereito galego (1996) e La división de poderes: el poder legislativo (1998). Con R. Blanco Valdés, preparou as edicións bilingües Lexislación básica da Comunidade Autónoma de Galicia (1992) e Estatuto de Autonomía para Galicia (1998).
VER O DETALLE DO TERMO
Forma parte do Instituto Cornide de Estudios Coruñeses desde abril de 2011 e é colaborador no diario La Opinión A Coruña. No ano 2012 foi un dos integrantes dun encontro organizado pola Universidad... -
PERSOEIRO
Político filipino. Loitou contra a colonización española e a penetración estadounidense (1898-1903). Gobernador de Tayabas e deputado, fundou o Partido Nacionalista e esixiu a autonomía filipina. Presidente de Filipinas (1935-1942), mellorou a xustiza, a administración e o exército. Despois da invasión xaponesa, trasladouse co goberno a Australia e despois a EE UU, onde presidiu un goberno no exilio ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e médico salvadoreño. Dirixiu o Partido Demócrata e foi presidente interino (1914-1915), vicepresidente (1913-1914, 1915-1918 e 1919-1923) e presidente (1923-1927) da República de El Salvador. Erradicou o paludismo do seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenente coronel da Garda Civil. En 1978 estivo implicado no intento de golpe de estado coñecido como Operación Galaxia, polo que foi condenado a 7 meses de cárcere. O 23 de febreiro de 1981 ocupou pola forza o Congreso de los Diputados e mantivo retidos aos deputados ata a mañá seguinte. Fracasado o intento de golpe de estado, entregouse. Foi condenado a 30 anos de cárcere e en 1996 acadou a liberdade condicional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gabriel Téllez.
-
PERSOEIRO
Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO