Muñoz Molina, Antonio
Escritor. Fixo estudos de xornalismo e licenciouse en Historia da Arte na Universidad de Granada. Deu forma a unha das traxectorias máis orixinais e consistentes da novelística española actual. Deuse a coñecer con Beatus ille (1986), novela á que seguiron El invierno en Lisboa (1987, Premio de la Crítica e Premio Nacional de Literatura, 1988) e Beltenebros (1989), ambas as dúas levadas ao cine e vinculadas con esquemas do xénero negro. Todo este ciclo narrativo culminou en El jinete polaco (1991, Premio Planeta e Premio Nacional de Literatura, 1992), a máis persoal das súas novelas. Tamén destacan Diario del Nautilus (1989), Córdoba de los Omeyas (1991), Los misterios de Madrid (1994), Ardor Guerrero (1995), La huerta del Edén (1996), La vida por delante (2002) e Ventanas de Manhattan (2004). Foi nomeado membro da Real Academia Española (1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Úbeda, Jaén