"Mosquera" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 27.

  • PERSOEIRO

    Relixioso bieito. Foi predicador xeral da orde de San Bieito en Santiago de Compostela, onde foi secretario das Festas Minervais de 1697. Na obra publicada co gallo do certame, inseriu unha Oración poética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar colombiano. Candidato conservador, foi elixido presidente da república (1845-1849) e contribuíu á penetración económica de EE UU. Rompeu co Partido Conservador e, como representante do liberalismo radical, obtivo o poder (1861). Foi elixido presidente constitucional (1863-1864) e reelixido en 1866, pero enfrontouse cos liberais e foi derrocado (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta, foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. Da súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840?), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845) e Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, conde de Pardo-Bazán, fillo de Miguel Pardo Bazán e pai de Emilia Pardo Bazán. Membro do Partido Progresista, foi alcalde da Coruña (1854) e deputado nas Cortes pola Coruña (1854-1856 e 1869-1871). Fundou o xornal Revista de Galicia (1850), en que publicou diversos traballos sobre a propiedade rural galega. Escribiu Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de Agricultura en Galicia (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e biólogo. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago (1961), médico puericultor (1963) e doutor en Bioloxía coa tese La familia Cornide en el Archipiélago de Cabo Verde. Desde 1978, xefe do servizo de pediatría de POVISA e desde 1989 profesor de ciencias da saúde da facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Foi tamén profesor na Escola Universitaria de Enfermería de POVISA da Universidade de Vigo (1992-1993). Os seus estudos de malacoloxía levárono a descubrir novas especies de moluscos. Colaborou na posta en marcha do Museo Galego do Mar de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Doutor pola Universidad de Madrid, exerceu en Montevideo. Inspirou a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). Escribiu El concepto moderno de la úlcera del duodeno (1910) e La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos (1931). Presidiu o Centro Gallego de Montevideo desde 1925. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Militou nas Mocedades Galeguistas, do que foi secretario, tras a Guerra Civil Española instalouse en Vigo, onde mantivo unha actividade política clandestina. Xunto con Celso E. Ferreiro entrou en contacto cos membros da Xeración Nós e proxectou a edición dun Cartafol de Poesía (1935) por entregas, onde se incluíron algunhas das súas composicións poéticas. En 1947 foi detido e enviado ao cárcere da Coruña. Coa condicional fuxiu a Portugal e desde alí a Venezuela, onde, protexido polo presidente Romúlo Gallegos, obtivo un pasaporte de emerxencia. Participou en Galeuzca, presidiu o Lar Galego, fundou a Unión de Combatentes Antifranquistas Nacionalistas Galegos e en 1961 o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) cos portugueses Henrique Galvão e Humberto Delgado, e co galego Xosé Sotomayor. O seu obxectivo era derrotar as dúas ditaduras da Península Ibérica, polo que planificaron o secuestro do Santa María ao saír de Curação o 25 de xaneiro de 1961,...

    VER O DETALLE DO TERMO