Velo Mosquera, Xosé

Velo Mosquera, Xosé

Político e escritor. Militou nas Mocedades Galeguistas, do que foi secretario, tras a Guerra Civil Española instalouse en Vigo, onde mantivo unha actividade política clandestina. Xunto con Celso E. Ferreiro entrou en contacto cos membros da Xeración Nós e proxectou a edición dun Cartafol de Poesía (1935) por entregas, onde se incluíron algunhas das súas composicións poéticas. En 1947 foi detido e enviado ao cárcere da Coruña. Coa condicional fuxiu a Portugal e desde alí a Venezuela, onde, protexido polo presidente Romúlo Gallegos, obtivo un pasaporte de emerxencia. Participou en Galeuzca, presidiu o Lar Galego, fundou a Unión de Combatentes Antifranquistas Nacionalistas Galegos e en 1961 o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) cos portugueses Henrique Galvão e Humberto Delgado, e co galego Xosé Sotomayor. O seu obxectivo era derrotar as dúas ditaduras da Península Ibérica, polo que planificaron o secuestro do Santa María ao saír de Curação o 25 de xaneiro de 1961, ata o 3 de febreiro. Recibiu asilo político en São Paulo, onde rexentou a libraría Nós e a editorial Publicacións Galicia Ceibe.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Celanova

  • Deceso

    Lugar : São Paulo