Neira de Mosquera, Antonio
Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta, foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. Da súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840?), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845) e Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. Foi membro da Real Academia de la Historia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso
Lugar : A Coruña