"Mur" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 248.
-
-
Muro baixo de fortificación que se levanta diante do muro principal para maior defensa das murallas.
-
Porción continua de muralla entre dúas torres.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación construída entre os ríos Forth e Clyde por orde do Emperador Antonino Pío (140?) para protexer os territorios británicos baixo dominio romano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da infraorde dos Lemuriformes, procedente das chairas litorais de Madagascar e extinguido en época recente, que posuía unha relativa autonomía filética no seo do seu grupo. A súa dentadura era apta para cortar e descascar alimentos vexetais. Debía ser parcialmente terrestre, ademais de arborícola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barreira fortificada que cercou o sector occidental da cidade de Berlín desde 1961 a 1989. Foi construído na noite do 12 ao 13 de agosto de 1961 polas autoridades da República Democrática Alemana, coa intención de impedir o constante trasvase de cidadáns cara ao sector occidental. Cun perímetro de 45 km e unha altura de 4 m converteuse no símbolo da división entre as dúas Alemañas durante a Guerra Fría. A demolición deste muro da Vergoña, como támen era coñecido, comezou o 9 de novembro de 1989 froito dun movemento popular espontáneo protagonizado por cidadáns do Berlín Oriental.
-
PERSOEIRO
Político. Abandonou os estudios de teoloxía polos de dereito. Entre 1833 e 1835 foi fiscal da Audiencia de Cáceres. En 1835 creou o Boletín de jurisprudencia. Afiliado ao partido moderado, foi deputado no 1837. Participou en moitos dos gobernos de Narváez, foi ministro de Gracia e Xustiza no 1847 e de Comercio, Instrución e Obras Públicas entre 1847 e 1849, e en 1849 de Finanzas, cargo dende o que intentou nivelar os orzamentos e ordenar a débeda pública. En 1851 presidiu o consello de ministros. Negociou o concordato coa Santa Sé no 1853. En 1852 tentou impoñer unha nova Constitución de orde ultraconservadora, o que motivou a súa saída do goberno. Foi presidente do Congreso en 1858 e senador a partir de 1863.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Composto binario de bromo cun elemento menos electronegativo no que o bromo actúa co número de oxidación -1. Os bromuros metálicos, especialmente os alcalinos e os alcalinotérreos, obtéñense por reacción dos hidróxidos ou carbonatos respectivos con ácido bromhídrico. Cómpre destacar os bromuros de sodio e de potasio que se empregan en medicina como tranquilizantes.
-
Denominación vulgar dalgúns derivados do bromo, como o dibromuro de etileno, que, segundo a nomenclatura sistemática, é o 1,2-dibromoetano.
-
Derivado dun ácido carboxílico por substitución dun grupo -OH por un átomo de bromo, conseguida por reacción do tribromuro de fósforo sobre o ácido anhidro ou sobre o seu anhídrido.
-
Substancia empregada para fumigar as sementes co fin de desinfectalas, especialmente as do algodón. Penetra polas vías respiratorias ou polos tegumentos, bloqueando as deshidroxenasas que interveñen na síntese do ATP e rompendo a cadea respiratoria. É moi tóxico para o ser humano.
-
-
PERSOEIRO
Filósofo, sociólogo e pedagogo norteamericano. Foi profesor e reitor da Columbia University de Nova York (1901-1945) e presidiu a American Academy of Arts and Letters (1928-1941). Militou no partido republicano e presentouse sen éxito ás eleccións presidenciais de 1912 e 1920. Editou Educational Review (1891), e publicou The Meaning of Education (O sentido da educación, 1898), Education in the United States (Educación nos Estados Unidos, 1910) e The Path to Peace (O camiño cara á paz, 1930). No 1931 concedéuselle o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Licenciado en Farmacia, doutor en Bioloxía e profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais obras son Pulmonados desnudos de Galicia (1981), Caracoles terrestres de Galicia (1983) e Babosas de la Península Ibérica y Baleares (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leña miúda que se emprega para acender o lume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de leis e editos auspiciada por Hammurabi, monarca da primeira dinastía de Babilonia (1793-1750 a C). Constitúe o primeiro código coñecido da historia, do que se conservan 282 artigos, estruturados en tres partes seguindo as tradicións lexislativas sumerias e acadias: un prólogo, o corpo legal e o epílogo. Comeza cunha explicación dos códigos relixiosos de Asiria e Babilonia e logo presenta unha guía de procedementos legais, a imposición de penas por acusacións inxustificadas, o falso testemuño e os erros xudiciais. Recolle tamén disposicións sobre o dereito de propiedade, préstamos, depósitos, débedas, propiedade doméstica e dereitos familiares, e regula os prezos de diferentes tipos de servicios comerciais. Presenta como base do dereito penal a Lei de Talión, común entre os pobos semitas. Unha das funcións primordiais era proporcionarlles protección a todas as clases sociais babilónicas, fundamentalmente aos pobres e aos escravos contra a inxustiza dos ricos e poderosos. O...
-
PERSOEIRO
Economista e político mexicano. Presidente do Partido Revolucionario Institucional (PRI) en 1991, foi ministro de Desarrollo Social (1992) e candidato nas eleccións presidenciais de 1994, nas que foi asasinado durante un acto electoral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou a carreira de filoloxía románica na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que abandonou para ingresar na Escuela de Periodismo de la Iglesia en Madrid. O seu primeiro traballo xornalístico desenvolveuse no Diario SP. Da man de Raimundo García Rodríguez, Borobó, entrou a formar parte da revista Chan como redactor, e ademais, escribiu artigos para o Diario de Noticias Médicas. Posteriormente, colaborou na revista Triunfo e noutras publicacións como Actualidad Económica ou Gaceta Universitaria. Xunto co editor Silverio Cañada, en calidade de director editorial, participou na publicación da Gran Enciclopedia Gallega, que comezou a súa edición en 1974. Traballou no centro da TVE en Galicia e na revista Teima. A partir de 1976 principiou o seu labor como correspondente do xornal El País e como delegado da revista Interviu en Galicia, publicación á que estivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo ou aparello que, con mal tempo, se emprega como reforzo na amura da vela maior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reforzar un muro ou muralla cun contramuro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muro que se constrúe a carón doutro para protexelo e reforzalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica polaca realizada en 1976. Foi dirixida por Andrezj Wajda e interpretada por Jerzy Radziwilowicz, Krystyna Janda e Tadeusz Lomnicki. Este filme é unha reflexión sobre os símbolos políticos do sistema previo ao nacemento do sindicato Solidarność en Polonia.
-
GALICIA
Poetisa. Colaborou en diversas revistas e en El Heraldo Gallego. Publicou La letanía lauretana (1878), Penumbras (1880), Romances y cantares (1885), Follatos (1891) e Fe (1911). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1907.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei da rexión irlandesa de Leinster (1126-1171). Unha rebelión interna (1166) obrigouno a buscar a axuda de Inglaterra. En 1168 conseguiu dominar o sueste da illa e Dublín coa colaboración de Richard Strongbow, que o sucedería no goberno de Leinster.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desatar as amuras das velas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recuperar o vigor aquilo que estaba murcho.