"NEP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 44.

  • Estratexia utilizada polos bolxeviques para tentar resolver os problemas do socialismo nun país con maioría campesiña, unha vez constatados os problemas do comunismo de guerra que comportou a diminución da produción industrial, a existencia dun comercio privado e ilegal, a inflación e as revoltas campesiñas. A concepción leninista da NEP pretendía ao comezo un apuntamento do poder soviético, para o que era necesario, en primeiro lugar, facerlle cara urxentemente ás reivindicacións campesiñas mediante a substitución das requisas aos campesiños por un imposto en especie e o restablecemento de certa liberdade de intercambio para os campesiños, os pequenos comerciantes e os pequenos propietarios. Tamén foi imprescindible facer algunhas concesións ao capital estranxeiro para levantar a industria. Os obxectivos que quería conseguir eran, por unha banda, unha alianza económica entre proletariado e campesiños e por outra, entre o socialismo e o capitalismo de estado contra a pequena produción....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia meridional, situado no Himalaia, limita ao N con China, e ao L, ao S e ao O con India (147.181 km2; 23.077.791 h [2001]. A súa capital é Katmandú.
    Xeografía
    Nepal é un país esencialmente montañoso. O N comprende a parte máis elevada do Himalaia, co Everest (8.848 m), o   Kānchenjunga (8.598 m), Dhawlāgiri (8.172 m), e o Annapurna (8.078 m), mentres que ao S aparecen as formacións do Himalaia exterior, que acadan altitudes menos elevadas (3.000 m), e que descenden gradualmente cara ao extremo S do país, onde dan lugar a unha estreita franxa chá, calorosa, húmida e cuberta de bosque. O clima é monzónico, pero o Himalaia exterior evita a penetración cara ao N, onde o clima é máis seco e rigoroso; polo contrario, ao S, o clima é máis suave e con chuvias abundantes. A vexetación está formada por bosque tropical ao S, e bosque caducifolio, de coníferas e de prados permanentes cara ao N. As actividades económicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nepal ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nepal.

    3. Lingua indoirania do phylum indoeuropeo que se fala en Nepal.

    4. Arte desenvolvida en Nepal. Ten unha tradición chinesa, india e tibetana. De tellados curvilíneos ou ben de ángulos secos, emprega a madeira e o ladrillo e con frecuencia as paredes aparecen recubertas de bronce cicelado. No comezo do s X desenvolveuse unha importante escola de pintura de manuscritos sobre palma. Destacan o templo de Pashupati e a estatua do deus Bhaivai en Katmandú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás nepentáceas.

    2. Planta da familia das nepentáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das nepentais, que consta dun só xénero (Nepenthes) e dunhas 60 especies, propias de Malaisia e Madagascar. Son arbustos ou herbas con follas rematadas en ascidios, destinados a capturar insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás nepentais.

    2. Planta da orde das nepentais.

    3. Orde de plantas dicotiledóneas, que posúen adaptacións para a captura de insectos. Pertencen a esta orde as nepentáceas e as droseráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida de relacións entre potencias, correntes ou tensións, empregada especialmente para expresar ganancias ou atenuacións. É unha unidade logarítmica análoga ao decibelio, mais que fai uso dos logaritmos neperianos. Un Np equivale a 8,686 dB.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Napier Bothwell.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a John Neper.

    2. Aplícase ao logaritmo de base e.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de decápodos, da familia dos nefrópidos, ao que pertence a cigala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos népidos.

    2. Insecto da familia dos népidos.

    3. Familia de insectos da orde dos heterópteros que inclúe especies que viven en augas estancadas e con vexetación. Hainos que teñen unha picadura velenosa, como os escorpións acuáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protexido de alguén.

    2. Favorito ou conselleiro do papa, que adoitaba ser parente seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (474). Casou con Verina, filla do emperador de Oriente León I. Este enviouno a Italia para opoñelo ao Emperador Glicerio. Proclamado emperador, fixo fronte aos bárbaros sen éxito. Refuxiouse en Dalmacia mentres o xefe das milicias da Galia proclamaba emperador o seu fillo Rómulo Augústulo (475).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método de que se valeron os papas para consolidar o seu poder temporal, que consistiu en favorecer a membros das súas familias con doazóns, títulos ou favores en xeral. Orixinariamente referíase aos sobriños ou aos fillos recoñecidos legalmente con este nome, pero estendeuse tamén a outros membros da familia, e tivo especial importancia durante os ss XV e XVI.

    2. Abuso de poder cometido a favor de amigos e parentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nepticúlidos.

    2. Insecto da familia dos nepticúlidos.

    3. Familia de insectos da orde dos lepidópteros, dos que a característica máis destacada é o seu reducido tamaño, o que fai que sexan considerados os microlepidópteros máis pequenos, xa que non chegan a ter 1 mm de lonxitude en estado de repouso. As eirugas son comedoras de follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao planeta Neptuno.

    2. Que está formado pola acción das augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento transuránico, situado entre o uranio e o plutonio, na táboa periódica, de número atómico 93 e peso atómico 237,048. É dunha cor branca prateada, moi maleable e actúa coas valencias 3, 4, 5 e 6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría xeolóxica segundo a que todas as rochas da Terra formáronse por precipitación no fondo do mar, que cubría, segundo os autores, toda a Terra. Un dos defensores principais desta teoría foi o alemán Abraham Gottlob Werner (s XVIII). Estes principios básicos foron moi populares porque sostiñan a interpretación da Biblia, especialmente o Diluvio Universal. A teoría oposta é o plutonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neptunismo.

    2. Partidario do neptunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oitavo planeta do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol. A órbita é case circular, e a densidade é a maior de todos os planetas denominados xigantes, o que parece indicar que na composición de Neptuno interveñen unha cantidade importante de elementos pesados do mesmo tipo dos que constitúen a Terra. A magnitude aparente de Neptuno é de 7,7; polo tanto, non é observable a simple vista. A través do telescopio aparece como un disco verdoso de 2,4’ de diámetro. O seu elevado albedo, da orde de 0,5, indica a presenza dunha espesa atmosfera difusora. Neptuno está constituído por un núcleo de metal e de rochas envolvido por unha capa de xeo, e ten unha atmosfera composta principalmente por metano e hidróxeno. A temperatura nas rexións inferiores da atmosfera é duns -217°C, mentres que a das rexións superiores é de -133°C. Ata hai pouco coñecíanse dous satélites, Nereida e Tritón, pero ultimamente descubríronse seis novos, Náiade, Thalassa, Despina, Proteo, Galatea e Larisa. O descubrimento...

    VER O DETALLE DO TERMO