"Nina" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 120.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que posuíu ata o 1992 a Rossiskaia Gosudarstvennaja Biblioteka.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polipéptido formado pola secuencia arxinina-prolina-prolina-glicina-fenilalanina-serinaprolina-fenilalanina-arxinina, de acción hormonal vasomotora, que se atopa en diversas glándulas sudoríparas e dixestivas. Tamén estimula a fibra muscular lisa, provoca constrición dos bronquios, hipotensión e taquicardia, e aumenta a secreción gástrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristais insolubles en auga e solubles en alcol, que funden a 146-147°C. Pódese illar do veleno dalgúns sapos e emprégase en medicina como alucinóxeno.
-
MONTES
Monte da serra dos Ancares, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Vilaspasantes (Cervantes) e Noceda (As Nogais). O seu cumio atópase a 1.198 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona polipeptídica segregada polas células parafoliculares (células C) da glándula tiroide baixo a influencia da hipocalcemia. Inhibe a reabsorción dos ósos, de xeito antagónico ao da parathormona, e intervén no metabolismo fosfato-cálcico con efectos hipocaliémicos e hipofosfatémicos. Patoloxicamente, segrégaa en exceso o carcinoma medular da tiroide, do que resulta un marcador tumoral importante. Emprégase no tratamento de certas enfermidades óseas como a osteoporose e a enfermidade de Paget.
-
-
Antocianina responsable da coloración das rosas vermellas.
-
Grupo de colorantes catiónicos de molécula constituída por dous núcleos heterocíclicos unidos por unha cadea polimetínica, descubertos por C. G. Williams en 1856. O seu grupo cromóforo é o sistema polimetínico de dobres enlaces conxugados cos dous heteroátomos terminais. Os dous heterociclos das cianinas propiamente ditas están nitroxenados e os das cianinas aniónicas, ou oxonois, están osixenados, mentres que nas merocianinas un ciclo contén nitróxeno e outro osíxeno. Algunhas cianinas aplícanse nas emulsións fotográficas, sensibles tan só á luz violeta e azul, para sensibilizalas ao verde e ao amarelo (emulsións ortocromáticas) ou a todo o espectro visible (emulsións pancromáticas).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide secundario da quina, con acción terapéutica similar á da quinina, pero máis intensa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona vexetal caracterizada pola súa actividade estimulante da división celular. Derivan da adenina e a cinina natural máis coñecida é a cinetina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona vexetal que regula a división celular. As citoquininas estimulan o alongamento das células, exercen unha acción morfoxenética ao inducir a formación de órganos, inhiben a elongación do eixe principal das raíces e atrasan a senescencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona segregada pola mucosa da parte alta do intestino delgado. Estimula a contracción da vesícula biliar, a secreción hepática da bile e a secreción de enzimas pancreáticos. Tamén inhibe a secreción ácida do estómago provocada pola gastrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto final do metabolismo da creatina que se localiza no tecido muscular e no sangue. Excrétase polos ouriños nunha cantidade de aproximadamente 15-25 mg por quilogramo de peso, en 24 horas. Sinteticamente, obtense por tratamento da creatina con ácido clorhídrico. Na tecnoloxía alimentaria, a súa cuantificación analítica é útil para determinar a riqueza en extracto da carne dun produto alimenticio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia extraída dos froitos do arbusto da especie Daphne mezereum.
-
PERSOEIRO
Historiador italiano. Ensinou teoloxía e retórica na Universidade de Turín en 1770, ata que foi destituído polas súas ideas nacionalistas. Escribiu, entre outras obras, Le rivolluzioni d’Italia (As revolucións de Italia, 1769-1772). En 1804 trasladouse a París, onde foi nomeado bibliotecario imperial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marchar unha ave fóra do niño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto dixitálico que se obtén das sementes do estraloque. É un po branco que funde a 255°C e que ten actividade cardiotónica. O produto comercial contén do 70 ao 80% de dixitonina, do 10 ao 20% de xitonina e tigonina, e do 5 ao 15% de saponinas menores. A dixitonina forma complexos equimocelulares co colesterol, propiedade que fai que se empregue para detectalo na bile, no plasma e nos tecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
donicela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resina de cor amarela brillante que se extrae de diferentes árbores, como a Calamus draco e o drago. É a base do sangue de drago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoalcohol cristalizable que se obtén por hidrólise da cocaína. Na industria farmacéutica, os alcaloides da coca transfórmanse en ecgonina e esta, á súa vez, transfórmase, por metilación ou benzoilación, en cocaína pura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alacaloide illado do cornizó por Stoll e Hofmann, soluble en acetato de etilo, acetona e cloroformo. Utilízase para sandar as desordes vasculares periféricas e tamén como hipotensor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Factor renal eritropoético producido polo aparato xustaglomerular que induce á conversión de eritropoetinóxeno en eritropoetina.