"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira socialista da vila de Viveiro. No ano 1904 contaba con 14 afiliados. Mantivo un gran labor propagandístico e organizou unha folga que mantivo paralizadas ás minas da Silvarosa e Choupín durante máis dun mes. As demandas que reclamaban ao sector patronal eran: aumento de salario, melloras nas condicións de traballo e seguridade na mina. Desapareceu á altura do 1908.
-
SEMANARIOS
Semanario político aparecido en Ferrol no ano 1932 no que se formulaban reivindicacións dos obreiros, propostas de folga e asuntos de interese local.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade anónima francesa, fundada en 1902, coa finalidade de explotar industrialmente o procedemento de liquefacción do aire, concebido por Georges Claude. No estado español é o principal produtor de gases industriais a través da Sociedad Española del Oxígeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en Ferrol o 1 de outubro de 1900 e constituída inicialmente como ronda de pulso e púa. Os seus membros fundadores foron: Antonio Quero, Mario Rodríguez Trigo, Xoán Xosé Cabarcos, Xoán A. Martínez, Ramón Picos, Luís Díaz, Constantino González Gómez, Xosé Llanos, Xosé de los Ríos, Xosé Lage Pedreira e Antonio Seoane Pampín como director da rondalla. O 20 de xaneiro de 1901 fai a súa presenza oficial cun concerto na cidade de Ferrol, como “saludo a las autoridades, prensa local y sociedades de recreo”. O 28 de setembro viaxou por primeira vez á cidade da Coruña invitada polo Círculo de Artesáns. Catro anos máis tarde, o 13 de agosto de 1904, obtivo o 1º premio no certame de rondalllas celebrado tamén na Coruña. O 5 de maio de 1905 acudiron a Madrid para tomar parte nas festas celebradas co gallo do terceiro centenario do Quixote. Alí a rondalla actuou no Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Ateneo e Centro galego. En outubro de 1906 obtivo o 1º premio do Concurso Nacional de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución notable do número de linfocitos causada xeralmente por unha atrofia do tecido linfático (síndrome de linfocitóptise esencial).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diferencias no enrolamento cromosómico mostradas por cromosomas completos ou segmentos cromosómicos, cunha orixe xenotípica, celular ou ambiental. As rexións que sofren máis a miúdo de alociclia son os centrómeros, os telómeros e as rexións organizadoras do nucléolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido cinámico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da mobilidade no que o individuo executa un movemento co membro oposto ao que desexa ou ao que se lle ordena mover.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula propia do sangue e doutros líquidos orgánicos dos invertebrados, capaz de provocar movementos ameboides; adoita ter unha función fagocitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia ou diminución extrema de megacariocitos na médula ósea hematopoética. É un sinal determinante da trombopenia conxénita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de químicos dos EE UU convertida na máis importante do mundo polo número de membros e pola calidade e difusión das súas publicacións (entre outras: Analytical Chemistry, Journal of the ACS e Chemical Abstracts).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
American Rocket Society.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1743 en Filadelfia (EE UU) por Benjamin Franklin “para a promoción dos coñecementos útiles”. É a academia máis antiga dos EE UU e está dividida nas seccións de ciencias exactas, ciencias naturais, ciencias sociais e ciencias humanas en xeral. Concede o Magellanic Premium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade norteamericana dedicada a fomentar a propulsión por foguetes espaciais, a astronáutica e as ciencias afíns. Fundouse no ano 1930 en Nova York co nome de American Interplanetary Society. O nome de American Rocket Society adoptouse oficialmente no ano 1934 e mantívose ata o comezo de 1963 ao se fusionar co Institute of Aerospace Sciencies e crear a American Institute of Aeronautics and Astronautics.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de restaurantes pioneira en Galicia, fundada en 1982 da man do desaparecido periodista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro. Ten a vocación de difundir e promocionar as excelencias da cociña e dos viños galegos como recurso turístico, e de fomentar a profesionalización do sector, non só co seu labor nas cociñas e comedores dos seus respectivos restaurantes, senón tamén, a través da publicación de receitarios de cociña e de libros sobre a cociña galega, participando en charlas, conferencias, etc. Convoca anualmente o concurso de difusión gastronómica Álvaro Cunqueiro, en colaboración co concello de Lalín, e entrega os títulos Grandes Cociñeiras do País Galego a aquelas persoas que dende as tabernas sentaron as bases da actual restauración de prestixio, xunto ao premio de Grande Adegueiro do País Galego. Da mesma forman parte: José González Solla, do restaurante Casa Solla, en Poio, presidente de Amigos da Cociña Galega; Ramón Porto Vilas, dos restaurantes Casa Vilas e Anexo Vilas,...