"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización feminista constituída en 1977 a partir da Federación de Organizacións Feministas (FOF) e formada por militantes e simpatizantes do Partido del Trabajo de España (PTE). Defendeu unha práctica máis ligada ás reformas sobre a situación existente ca a un cuestionamento de fondo da estrutura patriarcal da sociedade. Disolveuse en 1979.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema político no que o poder do gobernante se considera derivado del mesmo e non recoñece, polo tanto, ningún outro límite á súa actuación. Foi o sistema oficial da monarquía rusa ata o 1917. Sono todas aquelas ditaduras que deixan o poder en mans dun só home.
-
-
Persoa que posúe un poder absoluto, non limitado.
-
Persoa que defende o sistema político da autocracia.
-
Persoa que impón tiranicamente a súa vontade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á autocracia ou a un autócrata.
-
-
Xuízo que algunha persoa ou colectividade fai de si mesma.
-
Crítica dunha obra feita polo seu mesmo autor.
-
Breve noticia crítica dunha obra teatral, escrita polo autor para ser publicada antes da estrea.
-
-
-
Que se critica a si mesmo.
-
Que expresa autocrítica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao primeiro proceso práctico necesario para a obtención de fotografías a cor, inventado en Francia en 1906 polos irmáns Lumière. Consiste nunha trama de grans de amidón, tinguidos e esparexidos sobre a placa fotográfica, que se expón á luz. Revelada por inversión, pode verse por transparencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao auxocromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo substituínte dunha molécula cromóxena que lle favorece a cor ao variarlle a lonxitude de onda e a intensidade de absorción da rexión de absorción máxima de radiación electromagnética do cromóforo. Os auxocromos inflúen no matiz da cor segundo a súa natureza, o seu número e a súa posición na molécula cromóxena; comunican á substancia propiedades tinguidoiras e convértena de substancia coloreada en colorante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanza político-literaria que tivo lugar en Santiago de Compostela a comezos do 1881. O seu protagonista foi Eduardo Pondal coa lectura dunha composición que pouco despois publicou La Ilustración Gallega y Asturiana. Nesta xuntanza non se reiteraba a demanda política e social do brinde do 1856 no Banquete de Conxo, senón que só destacaba o contido ético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao efecto de desprazamento dunha banda de absorción nunha rexión de lonxitude de onda máis longa, provocado por un auxocromo ao ser introducido nunha molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tempo transcorrido entre a formación e a extinción dun taxon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado semisintético da ergocriptina, alcaloide do centeo afectado polo caruncho. Terapeuticamente se emprega para suprimir a secreción láctea e pola súa acción sobre a hormona do crecemento, para o tratamento da acromegalia e da enfermidade de Parkinson.
-
-
Autoridade abusiva, dos empregados da administración pública nos negocios do estado.
-
Conxunto de funcionarios, normas e organismos dunha administración pública ou privada. O termo foi empregado por primeira vez a mediados do s XVIII e xeneralizouse no s XIX para indicar o goberno exercido polos funcionarios e non polos políticos. Logo das achegas de Max Weber (1864-1920), o máis importante estudoso da estrutura e principios da burocracia, entendeuse como a administración por parte de expertos profesionais da vida política cotiá por riba de calquera sistema político. A partir dese momento identificáronse as seguintes características fundamentais: cada empregado ten unha competencia definida e organizada conforme a unha xerarquía de mando; o nomeamento provén de méritos probados, non de recomendacións; as decisións tómanse en función dunha serie de regras preestablecidas; o burócrata é un funcionario non politizado, o que garante a súa continuidade. Weber confiaba na eficacia do sistema burocrático, pero críticos posteriores sinalaron que poucas burocracias encarnan estes...
-
Actividade dos funcionarios de oficinas públicas.
-
-
-
Individuo que traballa na administración pública.
-
Funcionario público que abusa do poder que lle dá a súa posición nas oficinas do estado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á burocracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Influencia abusiva no funcionamento dun estado por parte da burocracia.
-
-
Outorgar maior protagonismo á burocracia na administración do estado.
-
Tornarse burócrata unha organización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.
-
PERSOEIRO
Teólogo cristián. Ensinou en Alexandría a principios de s II e foi un dos iniciadores do gnosticismo. Ireneo dedicoulle un capítulo en Adversus Haereses. Os seus discípulos estenderon as súas teorías polo Mediterráneo.
VER O DETALLE DO TERMO