"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

    1. Bacteria da orde das actinomicetais.

    2. Orde de bacterias que se caracterizan pola súa converxencia con algunhas formas de fungos. Teñen un papel moi importante na formación do humus. Algunhas producen antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • actinomicetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico producido por algunhas especies de bacterias do xénero Streptomyces. Interesante pola acción inhibidora sobre o RNA, emprégano os investigadores da quimioterapia do cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade da pataca producida polo actinomiceto Streptomyces scabies, coñecida tamén como sarna da pataca.

    2. Enfermidade producida por diversas especies de bacterias da orde das actinomicetais que aparece nos bóvidos e se transmite ao home. Localízase na pel e nos tecidos fondos da rexión cervicofacial e das vísceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protozoo da orde dos actinomixidios.

    2. Orde de protozoos cnidospóridos integrada por individuos parasitos de animais mariños, con esporas complexas formadas por tres valvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das coleccións de banda deseñada máis representativas dos EE UU ao final dos anos trinta. Nas súas páxinas publicouse Superman por vez primeira en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo de dúas proteínas, actina e miosina (na proporción de 1:4,3), que forma o 60% das proteínas do tecido muscular e que constitúen a substancia contráctil deste. Pola solubilidade, a actomiosina é unha globulina, pero presenta unha estrutura semellante á da queratina, cousa que a clasificaría entre as escleroproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘ó home’, usada para calificar os argumentos que se dirixen contra a forma de razonamento do interlocutor partindo dos seus mesmos principios e coas súas mesmas razóns, non á materia disputada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • deuteromiceto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extirpación cirúrxica dunha glándula.

    2. adenoidectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación das vexetacións adenoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proliferación de tecido endometrial no grosor da parede do útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que depende dun nome, que vai unido a el, xeralmente, para modificalo. Por exemplo: Vai camiño da casa, o segmento da casa é a forma adnominal de o camiño da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adolfo Domínguez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • As orixes do grupo empresarial remóntanse á xastrería que o seu pai estableceu en Ourense a mediados deste século. En 1973 abriu a súa primeira tenda en Ourense e, en 1976 constitúe, xunto cos seus fillos, a sociedade familiar denominada nos seus inicios Adolfo Domínguez e Hijos SL. dedicada á confección de traxes para home. No 1979, Adolfo Domínguez, baixo a campaña publicitaria La arruga es bella, situouse á fronte da renovación do sector en España ao darlle pulo a unha tendencia prêt-à-porter urbana no segmento medio-alto da moda. No 1982 abriu as primeiras tendas en Madrid e Barcelona e en 1985 presentou a primeira colección feminina en París; iniciouse así a expansión internacional da empresa (Londres, Toquio e outros). A finais do 1989, Adolfo Domínguez creou unha liña de perfumería para home e outra para muller. A súa actividade empresarial abrangue o deseño, a produción e a distribución nunha extensa rede de tendas propias e franquiciadas. En 1997, a empresa sae...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da aeroloxía que estudia as rexións máis altas da atmosfera onde os fenómenos de disociación e de ionización do aire son intensos. Este termo foi creado por S. Chapman no 1954 (aeronomy).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aeronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio sen láminas auténticas, ao que pertencen as ordes dos corticiais, poliporais, ganodermatais, cantarelais, clavariais, himenoquetais, teleforais e hericiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da subclase dos agaricomicetídeos.

    2. Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio libre antes da madureza, ao que pertencen as ordes dos agaricais, amanitais, boletais, cortinariais, entolomatais, pluteais, rusulais e tricolomatais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agricultura que estudia as relacións entre as plantas cultivadas e os animais co clima, o solo e as técnicas utilizadas para mellorar a produción. A mediados do s XIII aplicouse o método experimental que desenvolvera Bacon, investigando as causas das manifestacións agrícolas, o que se pode considerar como o comezo da agronomía. A súa evolución comporta tres etapas marcadas por diversas influencias: a da utilización de maquinaria, aplicación de abonos, etc; a da asociación agropecuaria e a da aplicación dos descubrimentos da microbioloxía. Na produción moderna de recursos de orixe animal ou vexetal ten moita importancia o control dos parámetros externos. No caso dos produtos de orixe animal, o tratamento dos factores ambientais inclúe o clima, o tipo de solo, a comida e a auga. Un dos principais factores que afectan a eficiencia na produtividade é a temperatura de crecemento; a temperatura ideal será aquela que dea a mellor relación entre gramos de produto por gramo de comida...

    VER O DETALLE DO TERMO