"ONU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 79.

    1. Enzimas da clase das hidrolases que catalizan a escisión de forma inespecífica dos ácidos nucleicos mediante a hidrólise dos enlaces fosfodiéster en posicións internas da molécula.

    2. Tipos de endonucleases que recoñecen secuencias específicas de bases do ADN, como posicións de metilación ou secuencias palindrómicas, ás que cortan en lugares ben determinados; esta escisión aféctalles ás dúas cadeas, sexa á altura da mesma parella de bases, sexa deixando libres dúas curtas secuencias complementarias. In vivo, constitúen unha protección da célula fronte á invasión dun DNA alleo. Coñécense un centenar delas diferentes, case todas de orixe microbiana. O nome que reciben depende do organismo do que proceden; por exemplo, EcoRI procede de E. coliHindIII procede de H. influenzae, etc. Constitúen unha base operativa fundamental en enxeñería xenética e en biotecnoloxía. O seu descubrimento valeulle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía a W. Arber, H. O. Smith e D. Nathans en 1978. Tamén reciben o nome de enzimas de restrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños, da familia dos apogónidos, ao que pertence o tomás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima da clase das hidrolases, que cataliza a separación dos nucleótidos dos ácidos nucleicos comezando por un dos seus extremos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria autosómica recesiva na que existe unha alteración do metabolismo do aminoácido fenilalanina, que se debe a unha ausencia ou a unha deficiencia do enzima fenilalanina-hidroxilase, que determina unha acumulación de fenilalanina e dalgúns dos seus metabolitos nas células, no plasma e nos ouriños. A acumulación destas substancias nas células cerebrais dos nenos afectados provoca convulsións, vómitos, irritabilidade e atraso mental severo. Unha proba de laboratorio permite obter a diagnose no neonato e posibilita a instauración dunha dieta pobre en fenilalanina, que evita a aparición dos síntomas da enfermidade. Nos últimos anos, as sondas xenéticas permiten tanto o diagnóstico dos enfermos coma dos portadores. A enfermidade dáse en individuos homocigotos para o alelo recesivo defectuoso, onde os proxenitores son portadores heterocigotos do alelo. Tamén se denomina síndrome de Fölling, en recoñecemento a Ivar Asbjörn Fölling, médico noruegués que a describiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Tonga. De orixe volcánica, emerxeu en 1885. En 1927 somerxeuse e emerxeu novamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á reacción que ten lugar cando unha radiación γ incide sobre un núcleo atómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección da gornición militar do Real Sitio de La Granja de San Ildefonso na noite do 12 de agosto de 1836 co obxectivo de restituír a Constitución de Cádiz. Ante os acontecementos a rexente, María Cristina de Borbón, asinou o decreto que reinstauraba a Constitución de 1812, destituíu o primeiro ministro, F. J. de Istúriz, e convocou novas Cortes Constituíntes, que proclamaron en 1837 un novo texto constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á unha molécula formada por átomos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha molécula formada por átomos idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode pronunciar por ser moi difícil de articular.

    2. Que non se debe pronunciar polo seu carácter negativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ismet Paxá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ismet Paxá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na rexión da Costa do Mar Negro (12.982 km2; 372.457 h [1997]). A súa capital é Kastamonu (59.145 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos escómbridos, ao que pertence o alistado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro coñecido publicado en éuscaro (Bordeos, 1545), conservado na Bibliothèque Nationale de París. Trátase dun pequeno libro de poesías de Bernat Detxepare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo ruso. O seu pensamento en lóxica propugnou unha teoría do xuízo a partir do contido dos conceptos e, en metafísica, expuxo un idealismo de orientación plotiniana. Das súas obras destacan Fundamentos do intuicionismo (1906) e Manual de lóxica (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núcleo maior dos dous núcleos que presentan algunhas células, como os ciliados. Só teñen funcións vexetativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo máis pequeno dos dous núcleos que posúen algunhas células como os ciliados. É o núcleo que contén a información xenética, tendo un papel decisivo na conxunción.

    2. Núcleo pequeno separado do núcleo principal e formado na telofase xeralmente por un cromosoma retardado ou uns cantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só núcleo.

    VER O DETALLE DO TERMO