"ORGA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

    1. Acción de desorganizar ou desorganizarse.

    2. Estado do que manifesta falta de organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desorganizar ou desorganizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen desorganiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destruír ou alterar a organización ou bo funcionamento dalgunha cousa.

    2. Facer que algo perda a boa disposición ou orde.

    3. Perder algo a organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar aquilo que atragoa a gorxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galés. Catedrático na Universidade de Oxford, codirixiu a revista do partido nacionalista galés e fundou a revista infantil Gales dos nenos, e tamén O home de Letras. Escribiu narracións de viaxes e editou clásicos galeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óleo sobre lenzo realizado por El Greco entre 1586 e 1588 para a igrexa de Santo Tomás de Toledo, onde se conserva. Coñecido tamén como El entierro del conde de Orgaz, representa o milagre acontecido durante o enterro de Gonzalo Ruíz de Toledo (?-1323), señor de Orgaz e benfeitor da igrexa, cando apareceron os santos Estevo e Agostiño para enterrar o corpo na sepultura. A escena divídese en dúas partes, na zona inferior represéntase o milagre e na superior, a gloria. Cómpre destacar que os personaxes da parte inferior son retratos de personalidades da época do pintor, vestidos con roupaxes do s XVI. Identificáronse, entre outros, Diego e Antonio de Covarrubias e un posible autorretrato do pintor. O tratamento das figuras, da luz e da cor é manierista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida en que se come e se bebe en abundancia.

    2. Diversión ou festa buliciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Eduardo Blanco Amor publicada en Bos Aires en 1959 que constitúe a súa grande achega á narrativa galega. Nela concéntranse unha serie de técnicas da novela contemporánea que revolucionaron naquelas datas o panorama literario galego, tales como a redución do tempo referencial, o tremendismo, o determinismo atmosférico e social, a plasticidade cinematográfica no ritmo, os contrastes e as perspectivas suburbanas. Presenta os tráxicos sucesos dun luns en que dous mozos, Xan Fariñas, alias o Bocas, e Eladio Vilarchao, Milhomes ou Maricallas, despois de case tres días de alcohol e violencia, atopan a morte, víctimas de paixóns e de hábitos delitivos. Un terceiro mozo, Cipriano Canedo, Cibrán, Tiñicas ou Puchapodre, como única testemuña visual dos feitos é quen narra, diante dun xuíz, as peripecias que tiveron lugar dende que el, ese mesmo luns, indo para o seu traballo arredor das sete da mañá, atopou os esmorgantes e sucumbiu á tentación de os acompañar. Unha vez rematada a declaración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Barakaldo en 1985, editada pola Asociación Cultural Rosalía de Castro. Cesou a súa edición arredor de 1989. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos do concello de Barakaldo. Coordinouna Andoni Vázquez Tierra. De periodicidade irregular, os últimos números foron semestrais e anuais. Publicación de emigrantes cunha finalidade cultural, incluíu artigos sobre literatura, cultura popular, música e arte galegas. Así mesmo, inseriu fotografías de motivos galegos, retratos de escritores e ilustracións de Castelao, Luis Seoane e Carlos Maside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización astronáutica creada en 1962 e que incluía diversos estados europeos e Australia, que cedía a base de lanzamento. Estudiaba a realización do foguete Europa. En 1975 fusionouse coa ESRO para formar a ESA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización destinada ao desenvolvemento da investigación espacial para a realización de grandes proxectos que sobrepasan a capacidade dun só Estado. En 1975 fusionouse coa ELDO para dar lugar á ESA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela en abril de 1999 e subtitulada “Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil”. Editada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia e dirixida por Xosé A. Neira Cruz, céntrase na literatura galega e no consello de redacción conta con destacados autores galegos. Así mesmo, insire novidades editoriais en galego, portugués, castelán, catalán, éuscaro, francés e italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servicio de Formación e Emprego da CIG constituído en 1996 para xestionar os cursos de Formación Ocupacional e Continua que organizaba este sindicato como consecuencia dos acordos de colaboración subscritos co Instituto Nacional de Emprego, logo coa Consellería de Traballo e Servicios Sociais, e posteriormente coa Consellería de Familia, Muller e Xuventude. Realizan ademais actividades de asesoramento na busca de emprego e na posta en marcha de iniciativas de autoemprego, cooperativismo e orientación profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Da súa produción destacan Where Angels Fear to Tread (1905), The Longest Journey (1907), A Room With a View (1908), Howard’s End (1910), A Passage to India (1924), Maurice (1927), Aspects of the Novel (1927) e Two Cheers for Democracy (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de heterotrofia dos organismos que sintetizan o material celular por redución de materia orgánica procedente do medio mediante electróns que obteñen desta materia, e que empregan a luz como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotoorganotrofia ou aos fotoorganótrofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta fotoorganotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Morgannwg.

    VER O DETALLE DO TERMO