"OTAN" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

    1. Talo da xesta.

    2. Resto da planta do millo que permanece unido á terra despois de segala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inverso da tanxente dun ángulo: cotxα=1/txα.

    2. Función cotx: O - {kπ, kÎM}→O definida pola asignación x→1/txx, onde tx é a función tanxente.

    3. Función cotx: L - {kπ, kÎM}→O definida pola asignación z→1/txz, onde tx é a función tanxente complexa.

    4. Función coth: O-{0}→O definida pola asignación x→1/thx, onde th é a función tanxente hiperbólica.

    5. Función coth: L - {ikπ, kÎM}→L definida pola asignación z→1/thz, onde th é a función tanxente hiperbólica complexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que flota.

    2. Que está sometido a variación.

    3. Aplícase ao peixe, alción ou nave, cos aparellos e as velas estendidas, que se representan sobre as ondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do zizhiqu de Xinjiang, China (134.000 [1975]). Foi un centro cultural e relixioso sumamente cosmopolita entre os ss III e VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Khotān, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Khotān.

    3. Lingua afín ás falas iránicas arcaicas da que os seus principais documentos escritos se atoparon en Khotān. Os textos que se conseguiron descifrar están relacionados co budismo, con fragmentos importantes de orixe sánscrita e textos de carácter médico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado do Atlántico Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas perennes, herbáceas ou subarbustivas, da familia das asteráceas, que presentan as follas alternas, sésiles e oblongas e as flores hermafroditas e cos flósculos con dous esporóns, dispostas en capítulos que forman corimbos terminais. O froito é un aquenio comprimido con lanuxe. En Galicia é habitual nos areais marítimos a especie O. maritimus, que ten propiedades medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da botánica que estuda as plantas fósiles e que emprega os métodos de estudo da paleontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposibilidade de distinguir a cor vermella. OBS: Tamén se denomina aneritropsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Toledo ata 1603, fíxose cartuxo e traballou nas cartuxas de El Paular e de Granada. Cultivou a natureza morta, dentro da corrente naturalista, e a temática relixiosa. Das súas obras destacan a serie Historia de san Bruno, Bodegón del cardo (1602) e Virgen despertando al niño (1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estimenta talar, abotoada de arriba a abaixo, que levan os clérigos. Normalmente negra, nalgúns dignatarios é vermella ou morada e a do papa é branca. Nas súas orixes (s XIII-XIV) era usada indistintamente por homes e mulleres baixo o manto. Sisto V prescribiuna para o clericato e Pío IX fíxoa obrigatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia (24.657 h [2001]). Destacan os cultivos de laranxeiras situados ao pé da serra de Espuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen vota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que estuda os aspectos descritivos e causais da distribución xeográfica dos vexetais. O seu campo de estudo coincide parcialmente cos da fitoxeografía e a ecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO