"Ondo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadavia baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada por Manuel Lourenzo e Francisco Pillado en 1981. No curto tempo de existencia desta iniciativa (1981-1985) publicáronse tres títulos: Edén e outros paraísos, de Manuel Lourenzo (1981); Catro pezas: O oso, Petición de man, A boda, O aniversario, de Čekhov (1982); e O rei aborrecido, de Xesús Pisón (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Estudiou pintura e música. Nas súas obras pitóricas mestura o debuxo coas palabras e os temas figurativos cos abstractos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentir dó pola pena ou polas desgracias de alguén. OBS: Constrúese coa preposición de.

    2. Expresar o sentimento que se ten pola pena doutro. OBS: Constrúese coa preposición de. (

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. íveres e conxunto de cousas necesarias para vivir.

    2. Obriga do señor de facilitar comida e demais provisións de viaxe ao vasalo enviado ou convocado a tarefas de mensaxería, se debía deixar o lugar de residencia máis dun día.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condoerse.

    2. Expresión de dor que se sente pola pena doutro, especialmente cando está motivada pola morte de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa señorial situada en San Tomé de Maside (Maside) fundada por don Bieito da Peña no s XVII. Trátase dun edificio de planta rectangular con construcións auxiliares acaroadas. Destacan a cheminea monumental de tres corpos e a portada arquitrabada e ornamentada que pecha o conxunto. Aínda que en mal estado, conserva os escudos de armas dos Somoza, Salgado, Enríquez e Nóvoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interese egoísta que ten unha persoa.

    2. Encargo que resulta ou causa molestias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que desemboca na ría de Cedeira. Nace na parroquia de Cervo (concello de Cedeira). O seu curso adopta unha dirección NL-SO ata a súa desembocadura no núcleo urbano de Cedeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite da parroquia do Alto (concello do Corgo) coas de Bande e Trasliste (concello de Láncara). O seu cumio acada os 583 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de comunidade na que a propiedade dunha cousa corporal pertence a unha pluralidade de individuos en partes proporcionais. As cousas corporais sobre as que actúa deben ser dunha mesma natureza e contextura. Ten as notas características dunha comunidade: pluralidade de suxeitos e existencia dunha cousa ou dun dereito que sofre a indivisión, onde todos teñen unha mesma titularidade cualitativa, pero que pode ser cuantitativamente diferente.

    2. Sistema de explotación da terra herdado do Baixo Imperio Romano que se empregou na Península durante a Idade Media. Segundo este sistema, o señor reservábase a utilización directa da parte máis fértil da súa terra ou condominio.

    3. Autoridade común de dous ou máis estados sobre un territorio do que se comparte a soberanía. Entre outros, destacan o condominio de Austria e Prusia sobre Schleswig-Holsteim e Lanenburg (1864-1866), o de Francia e Reino Unido sobre as Novas Hebrides (1906-1981) e o de Francia e España sobre a Isla de los Faisanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funda de caucho ou de material plástico para o pene, usado durante as relacións sexuais como contraconceptivo ou como método de prevención dalgunhas enfermidades de transmisión sexual. Denomínase tamén preservativo ou profiláctico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser condonado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condonar.

      1. Remisión ou perdón do cumprimento dunha obriga ou dunha pena.

      2. Acordo entre o acredor e o debedor segundo o que o primeiro, espontaneamente e con ánimo de liberalidade, manifesta a súa vontade de que quede extinguida a obriga e liberada a débeda, sen recibir nada a cambio.

    2. Forma excepcional de extinción da débeda tributaria nos casos previstos na normativa. A condonación automática existía cando unha lei reducía, nalgúns casos, a sanción ao 50%, pero o ordenamento xurídico español xa non a contempla. A condonación graciable existe cando se concede discrecionalmente polo ministerio de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que condona unha débeda ou unha pena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perdoarlle a alguén, total ou parcialmente, o pagamento dunha débeda ou o cumprimento dunha pena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave preeira da familia dos catártidos, duns 3 metros de envergadura, coa cabeza e o pescozo desprovistos de plumas. Remonta o voo grazas ás correntes ascendentes de aire quente sobre as que plana en grandes círculos, na procura dos cadáveres que detecta visualmente. Aniña en cantís e ten unha taxa de reprodución moi baixa, xa que non acada a madureza sexual ata os 6 ou 7 anos e cría un só pito cada dous anos. Os animais novos teñen a cabeza e o pescozo cubertos de penuxe.

    2. Ave cun colar de plumas de cor branca que se distribúe pola cordilleira dos Andes, dende Venezuela ata Patagonia, e alcanza os 7.000 m de altitude.

    3. Ave cun colar de plumas de cor negra que se distribuíu polo oeste dos EE UU. Foi perseguido e cazado ata a súa case total extinción porque se consideraba un depredador do gando. Na década dos oitenta, cando só quedaban 17 exemplares, principiou un programa de cría en catividade que fixo aumentar o número de individuos, de xeito que se puido realizar unha solta controlada nas áreas que ocupou orixinariamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza aérea alemá que loitou a prol do xeneral Franco na Guerra Civil española (1936-1939). Antes da súa constitución oficial en novembro de 1936, a aviación alemá prestoulle axuda ao goberno de Burgos para transportar as tropas de Franco desde África ata Andalucía, entre agosto e outubro de 1936. En novembro aumentaron os efectivos alemáns e constituíuse a lexión Cóndor baixo o mando do xeneral H. von Sperrle. Despois dirixírona H. Volkmann (1937) e W. von Richthofen (1938-1939). Formárona catro escuadrillas de bombardeo, catro de caza, unha de hidroavións de recoñecemento, baterías antiaéreas e uns 6.500 homes, voluntarios a maior parte deles e que foron relevados con frecuencia, pois o mando alemán concibiuna máis como un campo de experimentacións que como unha axuda aos combatentes. Participou nas accións máis determinantes da contenda e nas campañas de bombardeo na fronte do Norte, como en Durango ou Gernika, á parte de Brunete, Belchite, Teruel e a Batalla do Ebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...

    VER O DETALLE DO TERMO