condonación

condonación

(

  1. s f

    Acción e efecto de condonar.

    Ex: Fomos á concentración a prol da condonación da débeda externa.

  2. s f [DER]
    1. Remisión ou perdón do cumprimento dunha obriga ou dunha pena.

    2. Acordo entre o acredor e o debedor segundo o que o primeiro, espontaneamente e con ánimo de liberalidade, manifesta a súa vontade de que quede extinguida a obriga e liberada a débeda, sen recibir nada a cambio.

  3. condonación física

    Forma excepcional de extinción da débeda tributaria nos casos previstos na normativa. A condonación automática existía cando unha lei reducía, nalgúns casos, a sanción ao 50%, pero o ordenamento xurídico español xa non a contempla. A condonación graciable existe cando se concede discrecionalmente polo ministerio de Facenda.

Palabras veciñas

condominio | condón | condonable | condonación | condonador -ra | condonar | cóndor