condominio

condominio

(

  1. s m [DER]

    Forma de comunidade na que a propiedade dunha cousa corporal pertence a unha pluralidade de individuos en partes proporcionais. As cousas corporais sobre as que actúa deben ser dunha mesma natureza e contextura. Ten as notas características dunha comunidade: pluralidade de suxeitos e existencia dunha cousa ou dun dereito que sofre a indivisión, onde todos teñen unha mesma titularidade cualitativa, pero que pode ser cuantitativamente diferente.

  2. s m [HIST]

    Sistema de explotación da terra herdado do Baixo Imperio Romano que se empregou na Península durante a Idade Media. Segundo este sistema, o señor reservábase a utilización directa da parte máis fértil da súa terra ou condominio.

  3. s m [DER/HIST]

    Autoridade común de dous ou máis estados sobre un territorio do que se comparte a soberanía. Entre outros, destacan o condominio de Austria e Prusia sobre Schleswig-Holsteim e Lanenburg (1864-1866), o de Francia e Reino Unido sobre as Novas Hebrides (1906-1981) e o de Francia e España sobre a Isla de los Faisanes.

Palabras veciñas

condómina | Condomiñas | Condomiñas, As | condominio | condón | condonable | condonación