"Oran" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 135.
-
FILOSOFOS
Filósofo e ensaísta romanés. En 1937 instalouse en París. Publicou, entre outras obras, Pe culmile desper ǎ rii (No cume da desesperanza, 1933), La tentation d’exister (A tentación de existir, 1956), Histoire et utopie (Historia e utopía, 1960), La chute dans le temps (A caída no tempo, 1964), De l’inconvénient d’être (O inconveniente de ser, 1973), Le crépuscule des pensées (O crepúsculo dos pensamentos, 1991) e Breviaire des vaincus (Breviario dos vencidos, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén por fermentación aeróbica do lévedo da especie Streptomyces venezuelae ou por síntese orgánica na súa estrutura. A OMS recomenda que se limite o seu uso ao tratamento das infeccións intestinais de orixe tífica, xa que pode producir transtornos hemáticos graves, como a agranulocitose. A súa acción interfire na síntese proteica das bacterias. Tamén se coñece como cloromicetina.
-
-
Fenómeno que se dá nalgunhas plantas, consistente na similitude das pezas florais coas follas.
-
Anomalía pola que os pétalos da flor cambian a súa cor normal por unha coloración verdosa.
-
-
-
Que ten a propiedade de colorar.
-
Substancia capaz de transmitir un grao determinado de coloración a outros corpos ao absorberse ou reaccionar con eles. A maior parte dos colorantes modernos son produtos orgánicos de síntese, coloreados moi intensamente, capaces de dar unha coloración de determinada permanencia e solidez a un soporte. A súa aplicación principal é a tintura de tecidos, papel, coiro, plásticos, derivados do petróleo e alimentos. Un colorante comercial defínese por dous grupos de características: as do proceso de aplicación (solubilidade, afinidade e velocidade de tintura) e as do produto tinguido (matiz, intensidade da cor, solidez fronte á luz, lavado, axentes de branqueo e duración, entre outras). O amplo abano de colorantes existentes defínense segundo o método de aplicación e segundo a súa constitución química. Desde o punto de vista do método de aplicación clasifícanse en: ácidos, fixados aos tecidos grazas á presenza na súa molécula de grupos ácidos, útiles para tinguir la, seda e poliamidas;...
-
-
Substancia empregada en microscopia para tinguir as estruturas citolóxicas e histolóxicas que se queren observar. Os primeiros foron de orixe vexetal ou animal; pero substituíronse case todos por colorantes sintéticos.
-
co-lorante ácido
Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes básicos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes ácidos son as anilinas ácidas, como a eosina, a eritrosina, a fluoresceína e o vermello Congo.
-
colorante básico
Composto, xeralmente orgánico, empregado para tinguir os compoñentes ácidos das células dun corte histolóxico. Os principais colorantes básicos son os carmíns, as anilinas básicas e as hematoxilinas. Ademais dos colorantes ácidos e básicos, hai algúns neutros, como o Sudán III ou o vermello escarlata, que tinguen as graxas.
-
-
Aditivo alimentario empregado para proporcionar unha determinada cor ou reforzar a cor natural, e para producir un efecto psíquico no consumidor, estimulando a apetencia do produto sen alterar as súas calidades nutritivas ou de conservación. Segundo a súa natureza química pódense agrupar en colorantes inorgánicos, orgánicos naturais ou orgánicos de síntese. Para todos eles hai un control estricto no código alimentario de cada estado. Os colorantes inorgánicos, en xeral, son pouco utilizados, pero para casos especiais empréganse o bióxido de titanio, o negro de fume, o óxido de ferro, a prata metálica, etc. Entre as substancias naturais empregadas para colorear alimentos destaca a clorofila, o β-caroteno, a lactoflavina (ou riboflavina), o caramelo, a cúrcuma, etc. O uso de colorantes de síntese está en retroceso, e está estritamente controlado co fin de asegurar unha toxicidade mínima. As disposicións lexislativas tenden a reducir e unificar os colorantes...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña no ano 1995 baixo o subtítulo “Revista da Asociación de Escritores en Lingua Galega”. O consello de redacción está formado por Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Carlos L. Bernárdez, Luisa Villalta e Rafael Villar. O seu primeiro número titulouse “Poesía galega hoxe: dúas xeracións do século”, e nel insírense, á parte dun estudo de Miguel Mato Fondo, unha escolma poética en galego, francés, inglés e castelán de Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra, Manuel María, Bernardino Graña e Xohana Torres, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de contemporáneo.
-
-
Aplícase á persoa ou á cousa que é do mesmo tempo ou época ca outra persoa ou cousa.
-
Relativo ou pertencente á época actual.
-
Na división cronolóxica da historiografía occidental, período que sucede á Idade Moderna. Esténdese dende a época da Revolución Americana (1763-1783) e da Revolución Francesa (1789) ata a actualidade. Trátase dun concepto que, ademais da historia, se aplica ás diversas manifestacións culturais e sociais, entre outras, á filosofía, arte, economía, socioloxía e política.
-
Dende un punto de vista cronolóxico a arte contemporánea esténdese dende finais do s XVIII coa aparición do neoclasicismo, movemento que xurdiu como resposta á exuberancia rococó e que estivo en vigor ata principios do s XIX. No eido da arquitectura destacaron Soufflot, Chambers, R. Adam, K. F. Schinkel, Ventura Rodríguez e Juan de Villanueva. Xunto a eles desenvolveuse a arquitectura utópica de Ledoux e Boullée, que aínda que non foi levada á práctica, foi un referente para a arquitectura dos ss XIX e XX. No eido da escultura sobresaíron A. Canova e B. Thorwaldsen, e na pintura David e Ingres. Coetáneo deles foi Goya, pero a súa pintura non pode encadrarse nun determinado estilo, pois evolucionou dende as formas rococós e neoclásicas ata as impresionistas e expresionistas. A liberdade promulgada polos movementos políticos do s XIX reflectiuse na arte do romanticismo co rexeitamento por parte do artista das normas impostas polas academias. Na arquitectura, o eclecticismo historicista caracterizouse...
-
O s XX iniciouse co desenvolvemento das correntes estéticas que xurdiron nos últimos vinte anos do século anterior (prerrafaelismo, simbolismo, modernismo, decadentismo, saudosismo, etc) que en poucos anos deron paso ás primeiras manifestacións do vangardismo. A poesía finisecular caracterízase pola importancia da musicalidade e do ritmo, reflectido en múltiples innovacións métricas. Entre os seus principais cultivadores destacan en América Latina, entre outros, Rubén Darío, iniciador do modernismo hispánico, Leopoldo Lugones, Amado Nervo ou J. Santos Chocano; en España, Manuel e Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez, nos seus primeiros tempos; en Italia, Gabrielle D’Annunzio, representante do decadentismo; e en Portugal, Teixeira de Pascoaes, cultivador do saudosismo. O simbolismo evolucionou cara á poesía pura, que ten como precursor ao alemán Rainer Maria Rilke, e outros autores, como o francés Paul Claudel, o irlandés W. B. Yeats ou o alemán Stefan George cultivaron estéticas de tipo...
-
No s XX a música participou da influencia das distintas correntes estéticas que naceron ao abeiro do posromanticismo, impresionismo, expresionismo, atonalismo, dodecafonismo e neoclasicismo. Entre os trazos característicos deste período destacan a aparición da música de narrador e orquestra, a diminución da música coral e do lied, o retorno ao contrapuntismo, a difusión da música sinfónica, o nacemento do jazz, a revalorización dos instrumentos de percusión, a aparición da música no cine, a incorporación do ruído á música e o emprego de instrumentos electrónicos e novas fórmulas sonoras. Ata a Primeira Guerra Mundial, a traxectoria de Mahler, Wolf, Richard Strauss e Reger marcou o estilo musical alemán caracterizado, en xeral, por un exceso do uso das modulacións e do cromatismo e por un afán patriótico. Fronte a esta tendencia, empezaron a xurdir reaccións en París e creouse unha escola na que predominaba un maior refinamento e obxectividade, e unha moderación no emprego das figuras musicais....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo poético xurdido en México entre os anos 1917 e 1931 ao redor da revista Contemporáneos (1928-1931). Formado por José Gorostiza, Xavier Villaurrutia, Gilberto Owen, Carlos Pellicer, Bernardo Ortiz de Montellano, Enrique González Rojo, Jaime Torres Bodet e Salvador Novo, entre outros, supuxo unha reacción con respecto ao modelo das vangardas históricas, representado en México polo estridentismo (1921-1927). A publicación de Canciones para cantar en las barcas (1925), de Gorostiza; Reflejos (1926), de Villaurrutia; e Desvelos (1926), de Owen, marcou a liña de actuación estética -á marxe das diversas traxectorias individuais-, que se consolidou coa aparición da Antología de la nueva poesía mexicana (1928), de Jorge Cuevas, considerada o texto fundacional da poética do grupo. Son poetas próximos á poesía pura cultivada en Europa no período de entreguerras, con preocupacións exclusivamente literarias e interese pola Arte Nova, que comparten un mesmo rigor crítico, o afán experimental e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcorán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alcoránico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alcoranista.
-
-
Que corrobora.
-
Medicamento que ten a propiedade de vigorizar o organismo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria drenado polo río Pas (2.192 h [1996]). A súa economía baséase sobre todo na gandería bovina, vacúa e nas industrias lácteas. Na agricultura destacan os cultivos de cereais, millo e patacas. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o conxunto histórico de Alceda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de xaneiro de 1942 polo Instituto Antonio de Nebrija, dependente do CSIC. Dirixida por Joaquín de Entrambasaguas, figuraba como secretario José Simón Díaz. Tirou do prelo dezaoito monográficos dedicados á obra de diferentes autores. En xaneiro de 1947 pasou a denominarse Cuadernos de Literatura e, a partir de xaneiro de 1952, Revista de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que manifesta un desexo moi forte por algo ou por alguén.
-
-
Que descolora.
-
Substancia química que destrúe os pigmentos por reacción química e fai desaparecer a coloración.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que deteriora.
-
PERSOEIRO
Político serbio. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Belgrado (1974), exiliouse en Alemaña (1977), onde traballou como profesor e ampliou a súa formación de filoloxía e socioloxía. Volveu a Iugoslavia como docente na Universidade de Novi Sad e vinculouse ao núcleo da disidencia serbia denominado Centro de Filosofía e Teoría Social de Belgrado (1985). Participou na refundación do Demokratska Stranka (11.12.1989), accedeu á Asemblea Popular nas eleccións serbias (1990) e gañou un escano na Cámara das Repúblicas (1992). Presidente do partido dende 1994, elaborou propostas de reformas políticas e económicas para Serbia, apoiou os Acordos de Dayton (1995) e intensificou as críticas ao réxime de S. Milosěvić. En 1996 estableceu unha alianza con Draskovic e Vesna Pesic para elaborar as listas conxuntas das eleccións federais iugoslavas e das municipais serbias. Elixido alcalde de Belgrado (21.2.1997), perdeu a alcaldía en setembro. Trala capitulación do país, o 10 de xaneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que indica, nun sentido amplo, o coñecemento necesariamente limitado que se pode chegar a posuír de Deus. Ten orixe na obra de Nicolau de Cusa, De Docta Ignorantia (1440).