"Orce" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 45.

      1. morcego da fraga [Barbastella barbastellus, Fam dos vespertiliónidos]

        Quiróptero de tamaño medio (entre 4,4-5,8 cm), que presenta as orellas anchas e curtas, ao igual ca o fociño, e que pode atoparse en zonas boscosas e de montaña.

      2. Calquera mamífero da orde dos quirópteros, que se caracterizan por ser os únicos mamíferos que poden voar activamente, e posuír extremidades anteriores modificadas en ás membranosas, e extremidades posteriores que utilizan só para sustentarse en repouso. Teñen as orellas grandes, e algúns o nariz grande, para poder captar os sons que emiten para orientarse no espazo e capturar o seu alimento (ecolocación). Son nocturnos, e a alimentación é variable, de aí que existan especies vexetarianas, insectívoras (como todos os morcegos da Península Ibérica) e hematófagas (vampiros). Os seus principais inimigos son algún estrixiformes, polo que se refuxian en diversos sitios. Na Península Ibérica, existen especies que pertencen ás familias dos rinolófidos (morcegos de ferradura, do xénero Rhinolophus), dos vespertiliónidos (xéneros Myotis, Pipistrellus e Plecotus), e dos molósidos (non presentes en Galicia). En Galicia, as especies máis comúns son o morcego mediterráneo...

      3. morcego de ferradura

        Morcego do xénero Rhinolophus, da familia dos rinolófidos, que se caracteriza por posuír un nariz (de valor taxonómico) con excrecencias cutáneas, a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocalización. Destaca o morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros), que habita en bosques e repousa nos ocos das árbores; o morcego grande de ferradura (R. ferrumequinum), que tamén habita en zonas boscosas, e repousa tanto nas árbores como en covas cálidas; e o morcego mediterráneo de ferradura (R. euryale). OBS: Tamén se denomina rinolofo.

      4. morcego de monte [Pipistrellus savii, Fam dos vespertiliónidos]

        Morcego de entre 4,3-4,8 cm de lonxitude, que presenta as orellas curtas e anchas e o pelame escuro. Atópase na montaña ata os 2.600 m de altitude, e repousa nos ocos das árbores e nos nichos rochosos.

      5. morcego de orellas fendidas [Myotis emarginatus, Fam dos vespertiliónidos]

        Morcego de entre 4-4,5 cm de lonxitude, que presenta as orellas grandes cunha fendedura na metade superior do bordo exterior, moi bigotudo e con coloración escura.

      6. morcego orelludo meridional [Plecotus austriacus, Fam dos vespertiliónidos]

        Morcego de entre 4,6-5,3 cm de lonxitude, que presenta as orellas moi grandes que oculta debaixo das ás cando descansa, e que pode atoparse en hábitats abertos.

    1. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘mulo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro que creou Celso Parada en Moaña. Os seus espectáculos insírense no xénero da comedia, con textos de carácter social ou de denuncia. Iniciou a súa andaina coa presentación en 1989 de Kartoteka, a partir do texto de Tadeusz Rozewic. Dos seus espectáculos destacan Misterio cómico, dirixido por Julio Cardoso sobre un texto de Darío Fo (1991, Premio Compostela á mellor dirección e ao mellor actor, 1992), Dobermann, de Antón Reixa, dirixido por Quico Cadaval (1993, Premio Compostela ao mellor texto orixinal), O Lazariño de Tormes, dirixido por Andrés Pazos (1997, Premio María Casares á mellor versión, 1998), Os vellos non deben de namorarse, dirixido por Celso Parada (2001), Momo (2002, Premio María Casares ao mellor vestiario) e A gran ilusión, de Eduardo Filippo e dirixido por Celso Parada (2003, Premio María Casares á mellor actriz e ao mellor vestiario, 2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na vertente N da serra homónima e bañado polo río Orce (1.395 h [2001). No xacemento de Orce-Venta Micena atopouse un fragmento de cranio de discutida procedencia e datación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia colorante que se obtén do orcinol e do amoníaco, que se presenta en cristais avermellados. É soluble en alcohol, ácido acético (solución vermella) e álcali (solución violeta) e utilízase como reactivo analítico e como colorante en microscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lique fruticuloso, que está recuberto de pruína abrancazada, con apotecios laterais, negros e sobresaíntes. Vive sobre rochas nas costas mediterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou no Carballiño a partir do 17 de maio de 1980. Saíron só tres números, o último deles o Día das Letras Galegas de 1982. Subtitulada “Revista comarcal do Carballiño”, foi unha iniciativa da Agrupación Cultural Avatar. De distribución gratuíta, incluíu información cultural e comarcal. Cun carácter nacionalista e reivindicativo, promoveu campañas a prol da normalización lingüística, a defensa do patrimonio da comarca e a popularización da literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao pé da serra de Calderón e ao N da do Segura, preto do Parque Natural de Cazorla (2.177 h [2001]). A explotación forestal é a fonte principal de riqueza do termo, que se combina con outras actividades do sector primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. O centro da súa obra é a narrativa e dela cómpre subliñar Solnegre (1961), La lluna i el “Cala Llamp” (1963), Els escorpins (1965) e Els Argonautes (1968), en que presenta o universo mítico de Andratx, sobre o que construíu gran parte da narrativa posterior (Difunts sota els ametllers en flor, 1970; Les primaveres i les tardors, 1986). Co volume de contos Reivindicació de la vídua Txing (1977), a súa obra faise máis cosmopolita e dinámica. Como dramaturgo asume tanto as experiencias do teatro do absurdo coma as posibilidades dun novo teatro satírico e crítico. Interesado polas historias e as viaxes, en castelán escribiu El conflito árabe-israelí (1969) e Viajes expectantes. De Marrakech a Pekín (1994). Con L’emperador o l’ull del vent...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arxila moi fina composta de feldespato e caolín que se diferenza da normal pola súa transparencia. Hai diversos tipos que normalmente se cocen entre 1.200 e 1.600°C. Descubriuse en China durante a dinastía Han (180 a C-80 d C), e foron momentos destacados da súa fabricación as dinastías Sui (581-617), Tang (618-906), Sung (960-1290), Ming (1368-1643) e o período K’ang-hi (1622-1722). Coñeceuse en Europa a raíz das Cruzadas, as viaxes de Marco Polo e o comercio con Oriente. O alquimista Boettcher, ao servizo de Guillerme I de Prusia, descubriu o caolín branco de Saxonia (1708), produciu porcelana e estableceu a primeira fábrica en Dresden, á que seguiron as de Berlín e Meissen. Fóra de Prusia creáronse as manufacturas de Delft, de Limoges, de Sèvres, de Capodimonte e do Buen Retiro.

      2. Obxecto feito con este material.

    1. Mestura fundida composta de caolín, cuarzo, feldespato e outros materiais, que se emprega na fabricación de dentes artificiais.

    2. Molusco mariño gasterópodo prosobranquio da familia dos cipreidos, coa cuncha oviforme, coas voltas invisibles, a abertura moi estreita e falta de opérculo. Habita nos mares tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila ou lousa semivitrificada semellante á porcelana ou ao xaspe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Cultivou a mariña, cunha grande unidade espacial e tonal, que anunciou a escola paisaxística do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proporción que corresponde a unha certa magnitude, incluída ou referida a outra que se considera equiparada á centena. OBS: Tamén se denomina tanto por cento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se distribúe ou fracciona en forma de tantos por cento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de retorcer ou retorcerse.

    2. olta que se lle dá a algo que se retorce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torcer unha cousa sobre si mesma.

    2. Interpretar algo en sentido erróneo.

    3. Torcerse unha cousa sobre si mesma.

    4. Contraer o corpo a causa dunha dor intensa ou da risa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza aérea inglesa formada en 1918 pola fusión do corpo aeronáutico co servizo aéreo naval. Durante a Segunda Guerra Mundial salvou a Reino Unido da invasión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira porcelana de Europa de pasta dura. Comezouse a fabricar a principios do s XVIII en Meissen, grazas ao descubrimento, por parte de B. Böttger, dun produto básico, o caolín, ata o momento coñecido só en China.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que torce.

    2. Fuso que serve para torcer o fío groso de tecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de torcer ou torcerse.

    2. Torsión forzada e violenta dunha articulación.

    VER O DETALLE DO TERMO