Porcel i Pujol, Baltasar
Escritor. O centro da súa obra é a narrativa e dela cómpre subliñar Solnegre (1961), La lluna i el “Cala Llamp” (1963), Els escorpins (1965) e Els Argonautes (1968), en que presenta o universo mítico de Andratx, sobre o que construíu gran parte da narrativa posterior (Difunts sota els ametllers en flor, 1970; Les primaveres i les tardors, 1986). Co volume de contos Reivindicació de la vídua Txing (1977), a súa obra faise máis cosmopolita e dinámica. Como dramaturgo asume tanto as experiencias do teatro do absurdo coma as posibilidades dun novo teatro satírico e crítico. Interesado polas historias e as viaxes, en castelán escribiu El conflito árabe-israelí (1969) e Viajes expectantes. De Marrakech a Pekín (1994). Con L’emperador o l’ull del vent (2001) conseguiu o Premi Ramon Llul e o Premi Nacional de Literatura Catalana.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Andratx -
Falecemento
Lugar : Barcelona