"Orne" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 234.

  • Substancia terpénica, que na súa forma levoxira é o constituínte principal do alcanfor de ngai, empregado en medicina e perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ficólogo. Foi un dos primeiros, xunto con Schwendener, en soster que os liques constitúen unha simbiose entre unha alga e un fungo. É autor de Études phycologiques (Estudios ficolóxicos, 1878) e de Révision de Nostocacées hétérocystées (Revisión de Nostosáceos heterocistas, 1886-1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista neerlandés. Nos seus poemas obsérvase a influencia do ritmo e a sensualidade da xeración dos Tachtigers (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi campión de España absoluto en 1987. Xogador profesional dende 1988, gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP en 1991 (Estoril, Montecarlo, etc). Especialmente hábil no xogo sobre pistas de terra batida, o seu esplendor viviuno entre 1993 e 1994, anos nos que se proclamou de xeito consecutivo campión do torneo de Roland Garros (campionato internacional de Francia, un dos catro que integran o Grand Slam), considerado o máis importante dos que se disputan sobre ese tipo de superficie. Integrante do equipo español, nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 acadou a medalla de prata na categoría individual masculina. A súa mellor posición na clasificación mundial obtívoa en 1994, cando ocupou o 3º posto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nó do tronco dunha árbore, especialmente do carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornell Friedmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e enxeñeiro industrial. Catedrático de Economía na Universidad de Madrid, está considerado como un dos introdutores da econometría en España. Publicou Lecciones de teoría económica (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ilustrador. Enxeñeiro militar de profesión, estudiou pintura con Vidal e Pérez Villaamil. Especializouse na pintura de temática mariña. En 1878 foi nomeado conservador do Museo Naval. En 1868 tivo que exiliarse por ser partidario dos Borbóns e regresou ao ser proclamado Rei Afonso XII. Colaborou como ilustrador nas publicacións La Ilustración Española y Americana e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan Llegada del Rey al puerto de Carril, La Numancia saliendo de La Coruña, Vista de Vigo e a serie de debuxos Álbum de la marina española (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e erudito romano. Durante o reinado de Tiberio escribiu unha enciclopedia titulada De artibus (Sobre as artes) na que trataba, entre outros, temas relacionados coa retórica, a filosofía, a agricultura, a arte militar e a medicina. Desta obra só se conservou o sexto tratado denominado De re medica (Sobre temas médicos), primeiro texto médico impreso (1478).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torneo das Seis Nacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Membro do partido demócrata de Mario, apoiou o seu retorno do exilio (88 a C). Elixido cónsul no 87 a C, destituírono pola defensa da lei Sulpicia e expulsárono da cidade. Regresou acompañado de Mario e dos samnitas e apoderouse de Roma, onde proscribiu os seus adversarios políticos. Renovado no consulado no 85 e 84 a C, aboliu as leis de Sila e marchou a Oriente para derrotalo. Morreu asasinado polos seus soldados nun motín en Ancona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romanés. Defendeu tendencias nacionalistas de carácter cristián e antisemita. En 1927 fundou a Lexión do Arcanxo Miguel, núcleo orixinario da fascista Garda de Ferro (1931). Foi condenado a 10 anos de reclusión e morreu asasinado durante un traslado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista de jazz norteamericano. A súa música baséase nunha progresiva simplificación dos elementos sonoros e no predominio da melodía. Foi un dos iniciadores do free jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte anterior, clara e transparente, da capa máis externa do ollo, que cobre o iris e a pupila. A córnea é un tecido transparente e avascular formado por un epitelio, unha membrana basal, a membrana de Bowman, un estroma, a membrana de Descemet e un endotelio. Posúe un raio de curvatura maior ca o do resto do globo ocular. Está inervada pola primeira división do trixémino, a través dos nervios ciliares longos e curtos, lagrimal e ramas nasociliares, que penetran ata o epitelio. Para que poida funcionar como unha lente necesita estar cuberta por unha película lacrimal, xa que a superficie do epitelio corneal é irregular. As enfermidades da córnea constitúen a causa máis importante de cegueira.

    2. Capa máis externa da epiderme, formada por células cargadas de queratina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica de gran fino e microestrutura granoblástica, orixinada por metamorfismo de contacto entre rochas sedimentarias arxilosas ou areosas e ígneas. A súa composición mineralóxica depende das rochas orixinais: se procede de rochas margosas, contén calco-silicatos e denomínase corneana calco-silicatada; e se procede de rochas arxilosas, contén silicatos alumínicos (andalucita, cordierita e biotita), que lle dan un aspecto manchado característico, e recibe o nome de cornubianita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar golpes cos cornos un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Lamas, da conca do Suarna, pola dereita. Nace na parroquia de Córneas, no concello de Baleira. O seu curso adopta unha dirección S-N, atravesa a parroquia e penetra na do Freixo, no concello da Fonsagrada. Neste lugar recibe o seu primeiro afluente, o río do Castelo, e vira cara ao L pola parroquia de San Pedro de Río. Desemboca ao chegar a Lamas de Moreira, logo dun percorrido duns 9 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Especializouse no xénero policial con diversas películas, como Police Phython 357 (Policía Python 357, 1975), La menace (A ameaza, 1977), Série noire (Serie negra, 1979) ou Le choix des armes (A elección das armas, 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.

    2. Molusco bivalvo de cunchas sólidas, grosas, equilaterais e triangulares, de ata 4,5 cm de lonxitude e superficie branca. Habita en fondos, de ata 100 m de profundidade, do intralitoral areoso do Atlántico, dende Marrocos ata Noruega. Non resulta tan apreciada para o consumo humano coma as ameixas.

    3. Molusco bivalvo do xénero Venerupis, da familia dos venéridos, de ata 5 cm de ancho e de valvas ovadas e sólidas. Vive en áreas lamacentas ou areosas na zona inframareal ata 40 m de profundidade no Atlántico e no Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO