"Osmo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • Termo que designa o nome dado a unha zona celeste como unha galaxia, unha constelación ou un grupo de estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen considera o mundo como a súa patria.

      2. Aplícase a quen está familiarizado con moitos lugares e culturas ou ten os seus intereses esparexidos por lugares moi diversos.

    1. Que habita ou é propio de moitos países.

    2. Lugar ou cidade na que habitualmente hai xente de moi diversas procedencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de cosmopolita.

    2. Teoría que considera o home como cidadán do mundo, sen distinción de razas nin nacionalidades. Esta liña de pensamento, que na civilización grega estivo presente nas escolas estoica e cínica, recolleuna o iluminismo, que predicaba a instauración dunha orde universal capaz de garantir a liberdade e o progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exhibición de vistas de distintas partes do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O Universo concibido como un todo ordenado, en oposición a caos.

    2. Espacio que se sitúa fóra da atmosfera terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das asteráceas, oriúndo da América tropical, que se caracteriza por presentar follas opostas bipinnatisectas e capítulos con disco amarelo e lígulas brancas, rosadas ou purpúreas, tridentadas no ápice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de satélites soviéticos que realizaron varias misións de estudo da atmosfera terrestre, da ionosfera e da magnetosfera. Tamén se destinaron para recoñecemento fotográfico, telecomunicacións e diversas experimentacións. O primeiro lanzouse en marzo de 1962 e dende aquela enviáronse máis de 1.900 satélites. Algúns deles caeron sobre a Terra, como o Cosmos 954, que encheu de residuos radioactivos a superficie de certas rexións de Canadá en 1978, e o corpo central do Cosmos 1402, que se precipitou ao Océano Índico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sincrotrón capaz de acelerar, sobre todo protóns, pero tamén outras partículas nucleares, ata conferirlles enerxías da orde das que posúen os raios cósmicos (entre 109 e 1019 eV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isión e interpretación global do mundo e da existencia. Pódese entender como a elaboración dun sistema racional ou coma unha simple exposición dunha actitude valorativa persoal. Fálase, así mesmo, de equivalencia entre cosmovisión e sistema filosófico-metafísico, concepción antropolóxica ou, inclusive, ideoloxía relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica analítica separativa que se basea na difusión dun líquido por unha serie de poros capilares, ou ben ao longo das paredes dunha superficie sólida pola acción dun gradiente eléctrico. Este proceso emprégase para separar partículas coloidais e macromoléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no paso de líquido a través dun diafragma poroso cando se lle aplica unha forza electromotriz a dous electrodos, que se sitúan a ambos os dous lados do diafragma e mergullados en auga ou noutro líquido condutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contaminación electromagnética, observable cunha cámara de infravermellos, arredor dos tendidos eléctricos, dos ordenadores, dos televisores, dos teléfonos móbiles e doutros aparatos de alta tecnoloxía. Aparece sempre que circule a corrente eléctrica ou que haxa unha diferenza de potencial que produza esta circulación. Estes campos electromagnéticos constitúen unha ameaza para a saúde humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato empregado para medir a endosmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circulación da auga que se dirixe cara ao interior dun compartimento que contén unha solución acuosa máis concentrada, a través dunha parede semipermeable, por efecto da ósmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á endosmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluxo de disolvente da parte máis concentrada á máis diluída a través dunha membrana permeable, a causa da presión hidrostática. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que agrupa os estados de Europa oriental para a colaboración na investigación espacial, baixo a dirección da Academia de Ciencias da URSS. Resultado desta colaboración foi o Kosmos-261, lanzado en 1968, a serie Interkosmos e o programa Intersputnik.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao medio que ten a mesma presión osmótica que outro co que se compara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dunha serie de satélites artificiais soviéticos. Coa denominación de Kosmos, a CEI situou en órbita máis de 1.400 enxeños espaciais, maioritariamente de aplicación militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que considera o Universo como un grande organismo, semellante ao home ou microcosmos. A doutrina desta mutua correspondencia é propia de correntes filosóficas ocultistas e máxicas, e repítese en diversos autores renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO