"Oyo" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • CIDADES

    Cidade do departamento de Oise, na rexión de Picardie, Francia, situada preto do río Oise e do seu canal, ao NL de París (14.426 h [1990]). Reconstruída despois da Primeira Guerra Mundial, é un núcleo industrial con industrias alimentarias e metalúrxicas. Conserva a catedral gótica de Notre-Dame (ss XII-XIII), co claustro, a sala e a biblioteca capitular, todos do s XIII. A casa do concello (ss XV-XVI) é de estilo gótico-renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Noyon entre o futuro Emperador Carlos V e Francisco I de Francia o 13 de agosto de 1516. Nel concertouse o matrimonio entre Carlos V e unha filla do rei francés á que pasaron os dereitos franceses do Reino de Nápoles. O acordo quedou invalidado a raíz da elección imperial de Carlos V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico xaponés. Foi profesor na Universidade de Nagoya e director do centro de investigación da ciencia dos materiais desta universidade. O seu labor de investigador centrouse na creación de catalizadores organometálicos con ligandos quirais, algúns dos que se empregan en procesos industriais de grande importancia económica. Recibiu o Premio Nobel de Química (2001) , xunto con W. S. Knowles e K. B. Sharpless, polo seu traballo nas reaccións de hidroxenación catalizadas por quiralidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Oyo, situada ao SO de Nixeria (256.400 h [1996]). É un centro comercial de cacao e aceite de palma, que ten industrias téxtiles e xacementos de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria (28.454 km2; 3.900.803 h [estim 1995]). A súa capital é Ibadan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e política. Foi a primeira presidenta xeral de Nuevas Generaciones do PP (1977-1978), senadora (1986-1989), deputada (1989-1999) e ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación (1996-1999). É vicepresidenta da Comisión Europea, comisaria de Transportes e Enerxía e de Relacións co Parlamento Europeo desde 1999 e presidenta do consello de Política Social do PP desde 2004. Recibiu a Medalla de la Orden del Mérito Constitucional (2003) e a Medalla de Ouro de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Na súa obra reflicte algúns temas como a vida, a familia, a natureza e a amizade, sempre desde un punto de vista próximo á relixión. Colaboradora de El Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego e El Ángel del Hogar, escribiu Cantos de la infancia (1865), con prólogo de Manuel Murguía; Devocionario infantil (1867), dedicado ao príncipe de Asturias Afonso XII; e Horas perdidas (1874), en que inclúe diversas composicións de temática relixiosa. Foi galardoada con accésit en diversos certames literarios de Lleida e co loureiro de ouro nos Xogos Florais de Zaragoza (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Formouse en Santiago de Compostela e foi alcalde da Coruña. Publicou El primer almirante de Castilla (1868) e Viaje a Egipto, Palestina y otros países de Oriente (1882-1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid con Carlos de Haes, e en París e Bruxelas, onde se integrou no grupo L’Essor e no Círculo dos XX. Establecido en Euskadi, entrou en contacto con Pío Baroja, Unamuno e Rodrigo Soriano, entre outros, e en 1911 estableceuse definitivamente en Barcelona. A súa pintura, influída polo impresionismo e o divisionismo, e centrada basicamente na paisaxe e escenas cotiás, constitúe unha síntese persoal caracterizada pola espontaneidade e pola tendencia a un primitivismo case naif. Foi precursor e modelo da xeración posmodernista catalá. Da súa produción pictórica destacan Palacio Real (1878), Plaza de Lerma, Gallinero (1912) ou La procesión de los capuchinos, co que acadou unha medalla na Exposición Nacional de 1908, e ilustrou La España Negra de Émile Verhaeren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gaiteira, neta de Xosé Seivane Rivas. Estudou solfexo, piano e ballet clásico. Durante a década de 1990 colaborou en diversos concertos con Milladoiro, ata que iniciou a súa carreira en solitario. Na súa música combina sons e instrumentos populares con outros máis modernos, con arranxos innovadores. Da súa discografía destacan Susana Seivane (1999), Alma de buxo (2001) e Mares de tempo (2004). Recibiu o Premio Lucense del Año (2000) e foi finalista dos Indie Awards.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, situada na illa de Honshū, Xapón (360.066 h [1997]). Posúe un porto e é centro comercial da baía de Ise, ao S da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, na illa de Honshū, Xapón, situada á beira do río Toyo (114.405 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do fu de Ōsaka, situada na illa de Honshū, Xapón (396.689 h [1997]). É un importante núcleo residencial e industrial ao NO de Ōsaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, na illa de Honshū, Xapón, situada ao L de Nagoya (346.090 h [1997]). A súa economía baséase na construción de automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística xaponesa fundada en 1937 en Toyota, na illa de Honshū. Durante a década de 1970 e 1980 experimentou unha forte expansión debida á gran competitividade dos seus produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Dedicouse á paisaxe, e entrou en contacto cos pintores da escola de Barbizon. Logo dunha viaxe aos Países Baixos, en 1845, onde coñeceu as obras de P. Potter e A. Cuyp, introduciu animais nas súas paisaxes. Destaca Berger et son troupeau sur un chemin forestier.

    VER O DETALLE DO TERMO