Noyon

Noyon

Cidade do departamento de Oise, na rexión de Picardie, Francia, situada preto do río Oise e do seu canal, ao NL de París (14.426 h [1990]). Reconstruída despois da Primeira Guerra Mundial, é un núcleo industrial con industrias alimentarias e metalúrxicas. Conserva a catedral gótica de Notre-Dame (ss XII-XIII), co claustro, a sala e a biblioteca capitular, todos do s XIII. A casa do concello (ss XV-XVI) é de estilo gótico-renacentista.