"PAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PERSOEIRO

    Suposto rei de Pamplona (905), fillo de Fortún Iñíguez. De nome García Fortún, sucedeu a Fortún I sendo moi novo e foi substituído ese mesmo ano por Sancho I, primeiro soberano da dinastía Ximena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (852-882?), fillo de Íñigo I de Pamplona. De nome García I Íñiguez, rompeu a alianza do seu pai cos Banū Qasī e aliouse co rei asturiano Ordoño I (859). Tras avanzar cara ao S nas chairas do Arga e do Aragón, enfrontouse sen éxito ao exército de Mūsà ibn Mūsá Fortun, polo que Pamplona foi devastada e o seu fillo e herdeiro, Fortún Garcés, feito prisioneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (925-970) e conde de Aragón (García I), fillo de Sancho I de Pamplona e de Toda. De nome García Sánchez I, casou coa filla do conde de Aragón, Andregoto Galíndez, co que vinculou o condado aragonés ao Reino de Pamplona. Vasalo de ‘Abd al-Ra ḥ mān III durante a rexencia da súa nai, axudou a Ramiro II de León na Batalla de Simancas (939). Trala subida ao trono do califa al-Hakam, enfrontouse a el ao negarse a entregarlle o seu prisioneiro, o conde Fernán González. No 962 asinou unha alianza co rei de León e os condes de Castela e Barcelona contra o califa cordobés, o que provocou sucesivas acometidas musulmanas nas que se perderon varias prazas, como Atienza e Calahorra (968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? -? 1000?) Rei de Pamplona e conde de Aragón (García II 995?-1000?), fillo de Sancho II de Pamplona e de Urraca de Castela. De nome García Sánchez II, aliouse cos condes de Castela contra os musulmáns, polo que sufriu en represalia os ataques de Almanzor (994, 997 e 999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero teatral hindú creado a finais do s XIX no estado de Andhra Pradesh, a partir de formas teatrais e de danzas realizadas por mulleres que pertencían ás familias da corte e derivado doutro xénero anterior, o kuchipudi. Etimoloxicamente, o xénero fai referencia a un diálogo ou debate entre mulleres, e adoitaba mesturar danza, música e recitados poéticos dialogados. Consistía nun espectáculo que se representaba durante toda a noite e que continuaba durante tres veladas consecutivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Pamplona (810-852). De nome Íñigo Arista, aliouse cos Banū Quasī de Tudela para enfrontarse aos condes de Eblo e Aznar, e no 842 contra os exércitos de ‘Abd al-Ra ḥ mān II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia da ribeira esquerda da ría de Pontevedra, situada entre as puntas de Santo do Mar e Lapamán, na parroquia de Cela (Bueu). É unha praia amplia rodeada de vexetación moi cómoda e agradable para o seu uso.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 600 metros ANCHURA MEDIA: 30 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa que representa a superficie da Terra dividida en dous hemisferios. Desde o s XVI baséanse na proxección Mercator, aínda que tamén se empregan outras proxeccións, como a ortográfica ou a estereográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director do Departamento de Prensa e Publicacións do Colexio de Arquitectos de Galicia, director de Edicións do Cerne e director xeral de Edicións Xerais de Galicia. Ocupou a dirección da área de cultura da TVG e presentou os programas Etcétera e Moderato Cantábile. Participou na edición da obra completa de Fermín Bouza Brey (Premio do Padroado Rosalía de Castro, 1980) e en diversos libros de Méndez Ferrín. Recibiu o Premio Santiago de TVE ao mellor labor cultural realizado en Galicia (1986), o Premio Irmandade do Libro ao mellor programa cultural de televisión (1992) e o Premio Galicia de Comunicación ao mellor labor desenvolvido en televisión (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito. Estudou filosofía, teoloxía e diversas disciplinas musicais mentres permaneceu no mosteiro de Poio. Cultivou a música galega e deixou publicadas máis dun cento de obras entre motetes, vilancicos e himnos. Dominaba un gran número de linguas, entre elas as orientais, o que lle permitiu profundar no estudo das Sagradas Escrituras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia, da familia das benzodiacepinas, que funde a 225°C. O seu uso está indicado na ansiedade e no insomnio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se presenta en forma de pos amarelos, amargos, insolubles en auga e pouco solubles en alcohol, éter e cloroformo. Emprégase como relaxante muscular e tranquilizante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa Mundial de Alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son que imita o ruído que produce un tiro ou un golpe violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de linguas do phylum australino que inclúe, entre outras, o dyirbal e o nyunga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da illa de Arousa situada entre as puntas Cabalo e Barbafeita, no concello da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Ulla pola dereita que nace na parroquia de Maceda e desemboca na de Pidre (Palas de Rei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Palas de Rei. Está realizada en cachotaría e cantaría de granito por Gonzalo Ozores Ulloa en 1378 e sitúase nun promontorio debido a súa función, inicialmente defensiva. Ten catro torreóns e está rodeada de foso e muralla. O acceso ao interior realizábase a través dunha ponte. No portón da entrada, un arco de medio punto, sitúase o escudo de armas dos Ulloa. Destaca a súa capela, de nave única e ábsida cuadrangular e a torre de homenaxe, cuberta con bóveda de canón e situada nunha das esquinas do patio central. Conserva outras torres tamén con ameas. Foi un dos poucos castelos que superou as Guerras Irmandiñas, aínda que posiblemente sufriu unha reforma no s XV. Perdida a súa finalidade defensiva e económica, a familia Ulloa aforouna a un particular en 1845. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua otomangueana do phylum amerindio que se fala nos estados de Hidalgo e San Luis de Potosí (México).

    VER O DETALLE DO TERMO