García I de Pamplona
García I de Pamplona
Rei de Pamplona (852-882?), fillo de Íñigo I de Pamplona. De nome García I Íñiguez, rompeu a alianza do seu pai cos Banū Qasī e aliouse co rei asturiano Ordoño I (859). Tras avanzar cara ao S nas chairas do Arga e do Aragón, enfrontouse sen éxito ao exército de Mūsà ibn Mūsá Fortun, polo que Pamplona foi devastada e o seu fillo e herdeiro, Fortún Garcés, feito prisioneiro.