"PROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • Proceder ou orixinarse unha cousa noutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia de estrutura química similar á da clorpromazina, coas as mesmas indicacións e dosificación, pero sen o átomo de cloro,

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Myanmar, situada á beira do río Irauadi (148.123 h [1973]). É un porto fluvial e centro dunha extensa zona arroceira e algodoeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas pezas de vestir de algodón, la, seda ou fibras artificiais, que se adapta ao pé e á perna, xeralmente ata máis arriba do xeonllo. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meristema procedente das células dos embrións. OBS: Tamén se denomina meristema primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de prometer ou prometerse.

      1. Compromiso para realizar un acto ou contraer unha obriga.

      2. promesa de contrato

        Compromiso mutuo con vista a un contrato futuro que, por carencia de datos concretos ou por algún impedimento legal transitorio, aínda non se pode celebrar.

      1. Ofrecemento feito a Deus ou a un santo de facer unha obra piadosa, condicionado ou non á obtención dunha graza.

      2. Compromiso dun novizo de ligarse a unha comunidade relixiosa e a cumprir a súa regra e constitucións.

      3. Obxecto ofrecido en cumprimento dunha promesa.

    2. Persoa ou cousa que promete polas súas calidades.

    3. Todos os que teñen fe, por oposición aos descendentes naturais de Abrahám, sexan xudeus ou non, que son froito dunha bendición (como Isaac), segundo san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia de cor branca, inodora e pouco estable no aire. O seu clorhidrato é soluble en auga. É un antihistamínico e un antianafiláctico. OBS: Tamén se coñece como fenergan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deixa prever un bo éxito ou un bo resultado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mito de Prometeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, da raza dos titáns. Fillo de Xapeto e de Clímene, unha das oceánides, favoreceu os homes doándolles o lume arrebatado, por vinganza, a Zeus. Este castigouno atándoo a unha columna e mandándolle unha aguia para que lle devorase o fígado, que sempre se lle reproducía. Foi considerado o creador dos humanos, portador do lume e da sabedoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comprometerse ou obrigarse a facer algo.

    2. Asegurar algo como certo.

    3. Comprometerse solemnemente a cumprir coas obrigas dun cargo.

    4. Dar algo mostras de como vai ser ou desenvolverse no futuro.

    5. Dar mostras de posuír unhas calidades determinadas que poden levar ao éxito.

    6. Darse mutuamente palabra de casamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de prometer ou prometerse.

    2. Que se lle prometeu a alguén.

    3. Persoa que contraeu promesa de matrimonio, con respecto a outra.

    4. Aquilo que se prometeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento sintético, de número atómico 61 e peso atómico 144,913, da familia dos lantánidos. A súa existencia foi predita en 1902 por J. Branner e confirmada teoricamente en 1914 por H. Moseley, e obtido por primeira vez en 1945 por J. A. Marinsky e o seu equipo mediante fisión de uranio e bombardeo de neodimio con neutróns, seguido da separación por cromatografía de cambio iónico. Está totalmente ausente da codia terrestre, pero detectouse espectroscopicamente nalgunhas estrelas novas. Coñécense del 13 isótopos, todos radioactivos, con masas que van de 141 a 154. Forma sales clorados, con luminescencia pola radioactividade do metal. Pode empregarse como emisor de radiación â e, absorbido nun material fosforescente, como fonte de iluminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mielocito embrionario, é dicir, célula intermedia entre o mieloblasto e o mielocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de prominente.

    2. Parte dun corpo ou dunha superficie que avulta ou sobresae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sobresae daquilo que o rodea ou do que forma parte.

    2. Que destaca pola súa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comer carne e peixe nunha mesma comida en días prohibidos pola Igrexa.

    2. Participar en cousas moi diversas ou mesmo contrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de promiscuo.

    2. Convivencia desordenada e sen intimidade de persoas de distinto sexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está mesturado de forma confusa e desordenada.

    2. Que mantén relacións sexuais con moitas outras persoas.

    3. Que é propio da persoa promiscua.

    VER O DETALLE DO TERMO