"Quel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 149.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou Artes e Oficios en Palma de Mallorca (1972-1973) e en 1974 trasladouse a Barcelona para estudar na Escola Superior de Belas Artes onde permaneceu un ano. A súa primeira exposición individual é de 1974. Colaborou co grupo Neon de Suro. En 1981 participou na Documenta 7 de Kassel, con obras a medio camiño entre o neoexpresionismo e a art brut. En 1983 estableceu a súa residencia en París, combinándoa con estancias en Portugal (1984) onde pintou ao aire libre, no seu taller de Artá (1986) e en diversos países africanos. En 1988 viaxou a Mali e realizou obras de pequeno formato que recolleu no libro Miquel Barceló in Mali (Miquel Barceló en Mali, 1989). A súa temática céntrase nas figuras humanas, as naturezas mortas, paisaxes e alegorías literarias. Realiza lenzos de gran tamaño, empregando materias pitóricas e elementos de desfeito a xeito de collage, pero tamén experimenta outras técnicas coma o fresco. Ademais de adicarse á pintura traballou na...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de madeira onde se lles pon a comida aos porcos.
-
PERSOEIRO
Historiador e teólogo xesuíta. Centrou a súa investigación en tres temas fundamentais: os xesuítas da Ilustración, a presenza dos xesuítas en América e o Humanismo. Publicou entre outras, as seguintes obras: Historia y mito de la intervención de los jesuítas en la independencia de Hispanoamérica (1953) e Humanismo y Renacemento: estudios hispanoeuropeos (Premio Nacional de Historia, 1988). Outorgáronlle a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya (1985), o Premio de Honor das Letras Catalanas (1990) e o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Sucedeu a Palau como segundo catedrático do Jardín Botánico de Madrid. Estudiou a flora da Comunitat Valenciana e de Murcia. Continuou o Specimen Florae Hispanicae (Modelo de flores hispánicas), que comezara o seu pai e que el deixou tamén inacabado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico. Foi médico de cámara de Carlos III e ocupou despois o cargo de primeiro catedrático no Jardín Botánico de Madrid. Foi o primeiro en publicar uns Principios de Botánica (1767), nos que empregou a nomenclatura binaria linneana e intentou fixar a terminoloxía botánica, procurando facer prevalecer formas populares sobre os neoloxismos derivados directamente do latín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romántico. É autor de zarzuelas como El castillo de Bellver (1860), de novelas como Recuerdos de Mallorca, Simón Ballester el tuerto (1863) e Los exploradores (1879), unha violenta requisitoria contra a sociedade contemporánea, marcado polo desengano producido polas experiencias políticas do período 1868-1874.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte saínte dalgunhas vasillas, cun pequeno cono cun furado por onde sae o líquido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
biquela.
-
PERSOEIRO
Escultor. Traballou no taller de imaxinería relixiosa dos irmáns Vayreda e con Josep Berga i Boix, con quen adquiriu un dominio depurado do debuxo e da técnica da escultura. Posteriormente cursou estudios en París e Roma ata 1893. En 1894 volveu a París para iniciar unha vida profesional ata que en 1906 se estableceu en Madrid. Entre as súas obras máis importantes figuran: Els primers freds (Os primeiros fríos, 1892), Cançó popular (Canción popular), o monumento a Federico Rubio de Madrid ou o monumento a Mariano Moreno en Bos Aires. Foi membro das academias de Belas Artes de Madrid e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Publicou dous tratados médicos, Hippocrates defendido (1711) e Hippocrates aclarado (1716), obxecto de controversias pola nova orientación que daba á cirurxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Burato que se fai nun muro ou no peche de terreos rústicos para poderen pasar as persoas e animais.
-
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘escopeta’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tirador’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘disparar’.
-
-
Burato que hai ao pé ou mesmo debaixo da boca do forno.
-
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘revólver’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenda no bordo dunha vasilla producida por unha rotura.
-
-
Escudo pequeno, normalmente redondo, abombado no medio, realizado en madeira forrada de coiro.
-
Escudo pequeno que leva unha gornición para ser collido.
-
Defensa ou protección.
-
Concavidade construtiva da roda do carro que fai que o eixe non siga situado na plano da lamia e que os raios presenten, respecto a este, unha certa inclinación.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo ou á lingua cakchiquel.
-
Individuo do pobo cakchiquel.
-
Pobo amerindio da familia maia-quiché que habita na zona comprendida entre a cidade de Guatemala e o lago Atitlán. Na etapa precolombina organizábanse nun sistema teocrático militar, con capital na cidade de Iximché. Logo dunha breve resistencia aos invasores españois, uníronse a eles contra os quichés e os zutuhiles. Na actualidade o pobo está constituído por uns 350.000 membros.
-
Lingua do grupo amerindio setentrional pertencente á familia lingüística maia-quiché, que se fala nos departamentos de Sololá, Chimaltenango, Sacatepéquez e Escuintla, en Guatemala. Dentro do cakchiquel distínguense as variedades: cakchiquel central, con 132.200 falantes repartidos polo sur de Guatemala e Chimaltenango; cakchiquel oriental, con 85.900 falantes no noroeste e cerca da cidade de Guatemala; cakchiquel sur-central, con 73.300 falantes e o cakchiquel de Santo Domingo de Xenacoj, con 5.200 falantes no oeste de Guatemala; cakchiquel occidental, con 69.000 falantes ao norte e leste do lago Atitlán; cakchiquel meridional, con 43.000 falantes na área sur de Antigua; cakchiquel setentrional, con 16.000 falantes nas montañas centrais; cakchiquel de Santa María de Jesús, con 9.900 falantes no sudeste de Antigua; e cakchiquel sudoeste Yepocapa, con 8.000 falantes en Yepocapa.
-
-
PERSOEIRO
Ilustrador. Coñécese como o pai da chamada escola valenciana e introdutor das formas pop na ilustración infantil e xuvenil. Cultivou o deseño gráfico, o cartelismo e a publicidade. Gañou, entre outros, o Premio Nacional de Ilustración en 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueóloga. Licenciada en Filosofía e Letras (1967), doutorouse en 1981 coa tese Aportación al estudo de la glíptica romana en España: los entalles del Museo Arqueológico Nacional. Entre 1987 e 1988 foi directora xeral de Cultura da Xunta de Galicia; en 1995, logo de ocupar diferentes cargos na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida directora do departamento de Historia I. Colaborou, entre outras, nas seguintes revistas: Gallaecia, Brigantium, Museo de Pontevedra e Boletín Auriense. Escribiu Colección de glíptica del Museo Arqueológico Nacional: serie de entalles romanos (1990). É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, do Seminario de Estudios Galegos da área de Arte/Comunicación e da Asociación Profesional de Arqueólogos.
VER O DETALLE DO TERMO