Blay i Fàbregas, Miquel
Blay i Fàbregas, Miquel
Escultor. Traballou no taller de imaxinería relixiosa dos irmáns Vayreda e con Josep Berga i Boix, con quen adquiriu un dominio depurado do debuxo e da técnica da escultura. Posteriormente cursou estudios en París e Roma ata 1893. En 1894 volveu a París para iniciar unha vida profesional ata que en 1906 se estableceu en Madrid. Entre as súas obras máis importantes figuran: Els primers freds (Os primeiros fríos, 1892), Cançó popular (Canción popular), o monumento a Federico Rubio de Madrid ou o monumento a Mariano Moreno en Bos Aires. Foi membro das academias de Belas Artes de Madrid e Barcelona.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Olot -
Deceso
Lugar : Madrid