"RIM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 390.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne, de 30 a 100 cm de altura, de follas pinnatisectas, con foliolos grandes, ovalados e serrados, e con foliolos pequenos intercalados, estípulas amplexicaules, de flores marelas, reunidas en acios longos, e de froitos aqueniformes cunha coroa de pequenas espiñas reviradas. Presente en bosques, sebes, camiños e prados de case toda Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espírito do mal na relixión iraniana. O seu nome antigo é Augra Mainyu e, segundo Zaratustra ou Zoroastro, é príncipe dos demos e das tebras, da morte e do engano. A historia do mundo consiste na loita entre Ahrimān, príncipe do mal, e Ahura Mazda ou Ōrmazd, príncipe do ben, quen ha triunfar na fin do mundo. A súa representación é a dun home con cabeza de león, cinguido dunha serpe e con dúas ás, imaxe moi semellante á do demo maniqueo.
-
PERSOEIRO
Escritor uruguaio. É notable a súa obra novelística, na que adopta unha actitude de denuncia contra as contradicións da sociedade sudamericana. El caballo y su sombra (1941) e Desembocadura (1958), entre outras, marcan un camiño de politización progresiva e amosan grandes calidades narrativas. Cultivou tamén o conto, a poesía e o teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de análise química derivado da polarografía que consiste esencialmente nunha técnica instrumental para determinar o punto final de volumetrías. Mídese a variación da intensidade da corrente de difusión polarográfica en función do volume de solución de reactivo valorante adicionado dende un contagotas; as medidas realízanse cunha voltaxe aplicada constante. É un método útil cando só é electroactiva a substancia problema, ben cando só é electroactivo o reactivo valorante, ou ben cando os dous son electroactivos. O método pódese aplicar a todos os tipos de volumetría e, especialmente, aos baseados en reaccións de precipitación. Polo xeral, utilízase un só electrodo polarizable, pero pódense utilizar tamén dous electrodos polarizables, entre os que se aplica unha voltaxe constante relativamente pequena. Neste caso o método recibe o nome de biamperométrico.
-
-
Galvanómetro destinado a medir a intensidade dunha corrente eléctrica. Fundamentalmente conéctase en serie coa liña, polo que a súa resistencia eléctrica interna ten que ser tan baixa como sexa posible, desprezable en comparación coa do circuíto principal. Para intensidades elevadas non se poden construír aparellos de dimensións adecuadas, polo que tan só se colle unha parte da intensidade que garda sempre a mesma relación co total. Os amperímetros poden ser de cadro móbil e imán fixo, electromagnéticos, con bobina fixa e ferro móbil, electrodinámicos, térmicos e con axuste termoeléctrico.
-
Amperímetro provisto dunha argola que se pode abrir co obxecto de meter un condutor cando este non se pode interromper.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subtitulada como “Publicación del Magisterio”, editouse en Lugo no ano 1870. Contiña información de carácter educativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto utilizado para a determinación do boro e do silicio por absorciometría.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de Santiago de carácter irregular da que saíron 18 números entre novembro e decembro de 1808.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do Perú, o máis importante dos dous ríos que forman o Ucayalí (855 km).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento do Perú (20.896 km2; 376.400 h [estim 1991]. A capital é Abancay (28.100 h [1989]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Punto de intersección da eclíptica co ecuador celeste. Como consecuencia do movemento causado pola nutación, o primeiro punto de Aries atópase agora na constelación de Pisces. É coñecido tamén por punto vernal, punto equinoccial ou equinoccio de primavera, e está representado polo signo de Aries.
-
-
Que pode ser arrimado.
-
Aplícase á persoa que se achega a outra coa finalidade de obter un beneficio.
-
-
-
de arrimar.
-
Apoiado polo lombo contra outra cousa.
-
Aplícase a toda peza heráldica posta en barra, pau ou faixa, que ten no mesmo sentido outras figuras postas nos seus costados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rella da sachadora.
-
-
Aproximar unha cousa a outra ou a unha persoa.
-
Pór unha cousa contra outra.
-
Pórse máis preto de algo ou de alguén.
-
Aproximarse a unha cousa para apoiarse ou sosterse.
-
Procurar a protección ou o apoio de alguén.
-
Afectar unha enfermidade a unha parte do corpo.
-
Establecer unha relación estable de parella sen estar legalizada.
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘achegar’.
-
Construción rústica pegada á casa con paredes e tellado ou só tellado, na que se gardan os apeiros, a ferramenta, o carro, etc.
-
Apoio dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asgrimsson Eysteinn.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba realizada polo equipo do físico francés Alain Aspect na década dos anos 1980 e que serviu para comprobar a exactitude do teorema de Bell, en contra do argumento EPR (Einstein-Podolsky-Rossen).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo redactado polos teólogos Julius von Pflug e Michael Helding, católicos, e Johannes Agricola, protestante, en 1548 en nome do Emperador Carlos V e que concedía aos protestantes o matrimonio dos sacerdotes e a comuñón coas dúas especies aos laicos. O acordo silenciaba a controvertida cuestión dos bens eclesiásticos secularizados. Non foi aceptada nin polos católicos nin polos protestantes, pero provocou a suspensión do Concilio de Trento por parte do Papa.
-
PERSOEIRO
Política. Despois do asasinato do seu marido Salomon Bandaranaike (1959), asumiu o liderado político do Partido da Liberdade de Sri Lanka e converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1960, cargo no que continuou a liña política do socialismo moderado iniciada por Salomon Bandaranaike. Estivo na oposición entre 1965 e 1970, neste tempo creou a Fronte Unida cos marxistas e con grupos de esquerdas. En 1972 converteu Ceilán na República de Sri Lanka. Nas eleccións de 1977 sufriu unha derrota que a fixo abandonar o goberno e en 1980 foi expulsada do Parlamento e privada dos seus dereitos civís. No ano 1994 converteuse de novo na primeira ministra, antes do acceso á Presidencia da súa filla Chandrika Bandaranaike Kumaratunga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Determinación aproximada do peso vivo dos animais tendo en conta as súas medidas corporais. Considérase o animal como unha figura xeométrica de densidade 1, da que se determina o volume mediante medicións adecuadas.