"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo pouco fondo, areoso e estéril.

    2. Especie de peneira que se utiliza para separar partículas de distinto grosor.

    3. Capa formada sobre a superficie dos cons ou das rochas da costa debido á acumulación de arneiróns.

    4. arneirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe asturiana que asentou casas nos concellos de Parres e Llanes. A rama galega leva no seu escudo as armas do brasón galaico; isto é, doce escaques, seis de goles e seis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación común co que se coñecen os crustáceos cirrípedos de armazón simétrico, troncopiramidal, formado por 6 ou 4 placas calcáreas (segundo o xénero ao que pertenzan), de cor abrancazada ou grisalla. Vive sobre rochas duras da costa na zona litoral, sobre cunchas de moluscos e no casco dos barcos. Pertencen basicamente a tres xéneros: Balanus, Chthamalus e Elimius.

    2. Capa que se forma na superficie das rochas pola acumulación destes crustáceos.

    3. carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Praia situada nunha costa aberta, metida entre dous montes e na que xeralmente desemboca un río ou rego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resto da raíz dun dente ou dunha moa que permanece na enxiva despois de arrincar ou podrecer a peza dentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, na parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta da parroquia de San Vicente de Duio, no litoral occidental do concello de Fisterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira meridional da ría de Muros e Noia, na península do Barbanza, situada ao L da punta Magrio, na parroquia de Baroña, concello do Porto do Son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira occidental da ría de Betanzos situada ao N da punta da Herba, na parroquia de Carnoedo, no concello de Sada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría de Viveiro situada ao N da praia da Arnela, na parroquia de Faro, concello de Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que cos regos de Santa Baia e do Batán constitúe a cabeceira do Támoga. Nace a 450 m de altitude na parroquia de Castromaior e únese ao Santa Baia na de Aldixe, ambas do concello de Abadín, logo dun percorrido de 5 km en dirección NS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de San Vicente de Duio, concello de Fisterra, de 174 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do fondo da ría de Aldán situada ao O da punta Testada, na parroquia de Aldán, concello de Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo sudoriental da Illa de Arousa, na parroquia e concello homónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada sobre o río Umia, pola marxe dereita pertence á parroquia de Ouviña, do concello de Vilanova, e pola marxe esquerda, á parroquia de Leiro, do concello de Ribadumia. Trátase dunha ponte, con cinco vans, de cantería con arcos oxivais da época de Filipe II; está ancheada con formigón. Forma parte do estrada que conduce de Pontevedra a Cambados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Playa rústica situada no concello de Cangas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 500 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Aguas tranquilas ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA: 29 Km
    ACCESOS...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da Costa da Morte, situada ao L do cabo Vilán, na parroquia e concello de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caldeiro de madeira colgado da gramalleira que se utiliza como utensilio de cociña.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ovo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Publicou a escolma de narracións Skon som krigaren bar (O calzado que levaba o soldado, 1943) e as novelas Planbok berttappad (Carteira extraviada, 1943), Knekt och klerk (Soldado e crego, 1945), Du själv (Ti mesmo, 1946), Som svalorna (Como as andoriñas, 1950), Nätet (A rede, 1962) e Verkligen (Realmente, 1965) e Vías de auga (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO